;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A NOSA TRADICIÓN ORAL

O alumnado de 3º ESO recolleu algunhas mostras da nosa rica tradición oral(lendas, adiviñas, refráns, cancións...) e Mª Luz, a nosa artista particular, realizou este fermoso libro que pasará a formar parte da nosa biblioteca para que toda a comunidade educativa poida gozar del.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 29-05-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
MAIO, MES DA LINGUA

Neste mes Das Letras Galegas, ademais do cartel co lema "Non cortes coa túa lingua", repartimos entre a comunidade educativa adhesivos co mesmo lema e o alumnado de 1º e 2º de ESO levou cadanseu exemplar da sempre interesante "Ollos de aula" .



Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-05-2013 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
O RAP DA VIGUESA AID TRUNFA EN YOU TUBE
A rapera viguesa Aid trunfa en You tube con Aprendeo. Xa pasa do medio millón de visitas e continúa. Aid comentou que se atopa sorprendida sobre todo pola cantidade de xente doutras partes do mundo que se pon en contacto con ela para preguntarlle cousas sobre o noso idioma. Dende logo, unha moi boa iniciativa desta rapera internacional que trunfa usando o galego sen ningún tipo de complexo. Noraboa¡¡

Aquí podes ver o seu video-clip

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-05-2013 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
HUMOR CON PEDRO BRANDARIZ
Hoxe 13 de maio na Casa de Cultura de San Cibrao,compartimos co alumnado do Illa de Sarón de Xove o espectáculo de humor do cómico Pedro Brandariz. Tópicos sobre a lingua e a cultura galegas contadas con humor.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 23-05-2013 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
CONTACONTOS INGLÉS-GALEGO
O alumnado de 2º ESO e 4ª ESO asistiron na biblioteca do centro á sesión de conta-contos en galego e inglés. Os contistas Tim e Charo,unha vez máis,emocionárannos e fixéronnos rir coas súas historias.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 23-05-2013 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICION ROBERTO VIDAL BOLAÑO- LETRAS GALEGAS 2013

As/os alumnas/os pescudan nos cartaces da exposición para responderen as cuestións que se lles formulou. Véselles moi aplicados, seguro que dan coas respostas.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 23-05-2013 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
CARTA PARA O GALEGO DE PAULA

Querido Galego:

Recordo aquela marabillosa época, durante a miña infancia, na que sempre estiveches presente. Estabas aí polas mañás ao espertar, durante todo o día estabas na casa e na escola, na rúa cando xogabamos ás batallas, no campo cando axudaba a mamá a recoller as patacas, na fraga cando íamos bañarnos no río, e tamén polos estreitos camiños que levaban á fonte, cando eu máis o meu irmán íamos buscar auga; e aí estabas tamén cando o ceo escurecía. Pero separáronme de ti.
Os tempos cambiaron, o tempo pasou, e o tempo cambiou á xente.

Non te atopaba por ningures.
Pola casa non volviches, encabuxácheste con mamá e papá, xa non te querían coma antes. Eu non o comprendía, non entendía como eran capaces de olvidar a quen te acompañou toda a vida. Dicíase que eras unha mala compaña, os que andaban contigo eran bobos, bastos e analfabetos. Non me podían ver canda a ti se non miraríanme con mala cara, como miraban ás persoas coas que estabas.
O meu mestre, que tanto cariño che tiña, o ben que falaba de ti durante as clases! Incluso el che deu as costas. Na escola tampouco te atopaba.
Castelán foi o teu substituto nas nosas vidas, agora era el polas mañás, tardes e noites.
Cada vez estabas máis lonxe, ata desaparecer, máis nunca puiden esquecerte.

Poucos anos despois descubrín que non todos te deran por perdido. Algúns valentes loitaron, e grazas a eles recuperámoste. Se eu puidera loitar canda eles, faríao, máis as circunstancias non foron as axeitadas.
Aínda que regresaches, non fuches ben recibido por todos. Hoxe en día, aínda algúns non confían en ti, e mesmo agora non entendo como foi tan fácil perderte e tan difícil volverte a aceptar.

Agora xa son vello. Pronto terei que despedirme da vida, mais mentres poida sei que, pensen o que pensen e digan o que digan, non te volverei deixar ir.



Unha forte aperta.

Paula Rodríguez Rey
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 10-05-2013 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
LIBRO RECEITAS ENTROIDO

Neste fermoso e artesanal libro ,que podemos atopar na biblioteca do centro, recóllense as receitas do Entroido.Agradecemos a Mari Luz Chao, profesora de Plástica no 1º Ciclo(Sección Bilingües) a súa colaboración na confección do recetario e tamén ao alumando que aportou as receitas.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-05-2013 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
LEMA MAIO 2013

NON CORTES COA TÚA LINGUA. Con este lema e este cartel comezamos a celebración das Letras Galegas no centro. Teremos outras actividades divertidas: microteatro, humor,conta-contos etc. Achegarémonos á figura de Roberto Vidal Bolaño e repartiremos adhesivos con este suxestivo lema de maio. Grazas a Nerea por prestarnos a súa lingua.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-05-2013 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPACION CERTAME MINERVA

Carolina e Paula (3º ESO). As dúas participaron no certame literario Minerva convocado polo colexio Peleteiro de Santiago de Compostela. Nesta ocasión non houbo premio, pero queremos agradecerlles a súa colaboración e animalas para que o sigan intentando.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-05-2013 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal