;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

24ºPECADO: NOVO EXITO DO CONTACONTOS INGLÉS-GALEGO

Acaba de celebrarse unha nova edición do contacontos inglés-galego, que fixo as delicias d@s alumn@s da Eso que acudiron a esta actividade.

Un ano máis estes dous excelentes actores demostraron que calquera idioma -tamén o galego- pode servir de base para acceder ao inglés. Parabéns aos Departamentos de Inglés e Lingua por manter viva a chama que asocia o noso idioma co inglés.

No foto podedes ver un momento da representación.
Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 23-05-2011 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
23º PECADO: COMO SE PODE SER FELIZ....ESCOITANDO A CANDIDO PAZÓ

O venres día 13, arredor de 150 alumn@s dos IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao e Illa de Sarón de Xove, acudimos a unha representación do contacontos Candido Pazó que se celebrou na Casa da Cultura de San Cibrao con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas e no marco das relacións de colaboración que os nosos institutos veñen desenvolvendo neste curso.

Cándido Pazó ofreceunos un discurso ameno, cheo de ocurrencias, divagacións, e chistes arredor da felicidade. O seu bo facer arrancau numerosas sonrisas e carcaxadas e fixo as delicias de todos os que acudimos á Casa da Cultura para velo.

Dende logo Candido Pazó e un humorista coma a copa dun pino, que recrea sitacións dun xeito moi cómico a partir da realidade galega e en galego.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 16-05-2011 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
22º PECADO: DECIDIMOS MILITAR NA NOSA LINGUA PROPIA¡¡

O lema do mes de maio non podía ser máis que de Lois Pereiro. Foron @s alumn@s de 2º de Bach de Lingua e Literatura os que se encargaron de seleccionar o lema e de deseñar o cartel que tendes ocasión de ver nos taboleiros do centro. Lois Pereiro, nun alarde de modernidade, vertebrou metaforicamente o local co universal sen renunciar ao primeiro. Ledeo e xa veredes que bonito¡¡
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 16-05-2011 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
21º PECADO: LOIS PEREIRO e as ARTES da PALABRA

Con este título tan suxerente A Escola Superior de Arte Dramático de Vigo, baixo o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüísticade, ven de contribuir a poñer en valor a figura do autor homenaxeado nas Letra Galegas 2011: Lois Pereiro. A verdade é que realizaron un traballo gráfico moi ben eleborado. Tratase de 15 carteis-murais que reflexan a vida e a obra de Lois Pereiro dun xeito moi didáctico, facil de ver e ler. A exposición está na galería do primeiro andar.
Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 16-05-2011 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
20º PECADO: AS TÉCNICAS DA FUNDICIÓN EXPLICADAS EN GALEGO

Os alumnos do IES Marqués de Sargadelos realizaron diversas actividades didácticas relacionadas coa industria do ferro e a súa importancia na historia e na economía galega. Como motivación o centro acolleu unha exposición sobre a industria do ferro no norte de Lugo e o Occidente Astrur e como actividade práctica os alumnos puideron traballar o ferro coas leccións -en galego- do ferreiro Telmo Cao Farre, orixinario de San Cibrao. Esta actividade foi posible gracias á colaboración de MariñaPatrimonio e a Deputación de Lugo.



Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 16-05-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
19ºPECADO: LIGAR EN GALEGO MOLA¡¡

Aquí temos o lema de Abril: unha resposta moi ben artellada por Irene Rega (3ºESO) ás virtudes que se predicaban do noso idioma no Gran Hermano. Lembrades aquelo de "hai chicas que si un chico les gusta, pero el chico les habla en gallego...lo pierde todo".
Mirade para Martiño Rivas... e a súa moza. Martiño Rivas non renega do ben máis preciado do noso pais: o galego...pero tampouco a súa moza lle esixe que o abandone. Éche unha moza intelixente¡¡ Sería unha estupidez perderse un ligue coma o de Martiño porque fala galego.

Os comentarios de Gran Hermano son o tipo de esperpentos que orixinan os prexuizos e a intolerancia lingüística.Que se sepa o amor non está reñido con ningunha das maís de 5.000 linguas que se falan ainda no mundo... ou si? Ti que opinas?
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 11-05-2011 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
18ºPECADO: FOMOS AO CORRELINGUA EN TREN¡¡

Como ven sendo habitual nos derradeiros cursos, participamos no Corrrelingua, que nesta edición do 2011 se celebrou en Burela. Alí estivemos animando a festa da lingüa @s alumn@s de 1º e 2º da ESO. Ademais aproveitamos para colegear cos compañeiros e compañeiras de outros centros de paso que dábamos un paseo polas rúas de Burela.

A novedade desta volta foi que por primeira vez empregamos o tren como medio de transporte para desplazarnos fora do Instituto. A verdade é que foi unha experiencia interesante e moi bonita, á que lle axudou a mañán soleada que tivemos a sorte de disfrutar.



Clica aquí para ver a foto da festa
Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-05-2011 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
17ºPECADO: A COCA COLA SUMASE AO GALEGO

A empresa máis emblemática de bebidas refrescantes acaba de poñer en marcha a 3ª Edición de relatos curtos en Galego. O concurso a nivel comarcal celebrouse no noso instituto, por que foi do noso centro do que participaron máis alumnos/as da Mariña: un total de 10.

O/a mellor da Mariña pasará a unha fase autonomica onde se elexirá o/a gañador/ora. No concurso A Coca Cola outorga importantes premios, que van dende viaxes ao extranxeiro ata material audiovisual.

Dende aquí queremos felicitar a esta empresa tan relevante no mundo da alimentación pola súa iniciativa e animala a que siga nesta liña de compromiso co galego, así como ao Departamento de Castellano polas xestións para que tamén se fixese o concurso no noso idioma. Finanlmente queremos desexarlles sorte aos nosos/as concursantes, que son:
Nerea García
Álvaro Díaz
Iria Díaz
Andrea Balseiro
Tamara García
Antía López
Paula Macía
Abraham Pereira
Celia Rey
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 03-05-2011 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal