;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XA ESTÁ AQUÍ O CORRELINGUA

O vindeiro venres 18 de maio iremos a Viveiro a vernos cos nos@s amig@s da comarca para compartir con eles unha nova xornada festiva do Correlingua. Nesta edición percorreranse as rúas baixo o lema Galego, todo o que buscas

Coma sempre subiran ao escenario artistas dos diferentes centros que participan no evento, e para rematar actuará o grupo Chupadeskay

Vade preparando xa a vosa lingua.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 25-04-2012 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO PODE DESAPARECER DOS COLEXIOS DO BIERZO

Pais e nais da comarca do Bierzo veñen denunciando desde o curso pasado presións para que os seus fillos e fillas non pidan a materia de lingua galega nos centros de Secundaria.

Segundo informacións publicadas nos medios de comunicación, a lingua galega vai ser retirada da oferta educativa do CEIP Jesús Maestro de Ponferrada. Este feito supoñería o incumprimento do Protocolo xeral de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Comunidade de Castela e León para a promoción da lingua galega nos territorios limítrofes das comunidades autónomas (Bierzo e Sanabria) asinado en 2006 e do Estatuto de Autonomía de Castilla y León que establece que “gozará de respeto y protección la lengua gallega en los lugares en que habitualmente se utilice”.

A eliminación da oferta de ensino da nosa lingua supoñería privar a máis de mil alumnos e alumnas de contornos galegofalantes destas ensinanzas. Segundo os datos da Consellaría de Educación nas provincias de León e Zamora, o número de alumnas e alumnos que estudan galego ou en galego é de 884 nos centros de infantil e primaria e 147 nos centros de Secundaria.

Dende aquí esperamos que a administración educativa de Castela-León reconsidere esta incomprensible e inxusta medida. Mentres tanto queremos solidarizarnos cos nen@s afectados e apoiar aos pais nas súas reinvindicacións.



Comentarios (0) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 25-04-2012 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
QUICO CADAVAL ESTIVO CON NÓS...E COMO RIMOS¡¡

O venres 30 de marzo na Casa da Cultura de San Cibrao estivos cos nos@s amig@s do Insti de Xove escoitando ao excelso, ao maravilloso, ao incrible e afamado Quico Cadaval¡¡. Como rimos coas súas historias¡ Como nos deleitou cos seus consellos¡ Por exempo: non esquezas ir de vivo a unha discoteca, senón irás de morto... Que maestría para interpretar a "alma" d@s galeg@s¡

Con contacontos coma el estamos seguros que o noso idioma gaña en prestixio e recoñecemento.

Para finalizar queremos agradecer dende o noso blog o empeño e as xestións de Ramón Casas (profe do IES de Xove) por facer posible esta actuación.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 18-04-2012 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal