Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
Aquí tedes o vídeo máis esperado¡¡ Por fin a obra mestra das Pecadoras. Un vídeo real coma a vida mesma. Un vídeo onde poderás comprobar a lamentable situación na que se atopa o idioma propio de Galicia: o castelán. Un idioma que a día de hoxe só se fala nas aldeas máis remotas do pais, coma Cervo. Tamén poderás observar algúns dos imponentes motivos do por qué do prestixio e do imparable avance do idioma alleo -o galego- nas vilas e cidades do noso pais.
Agora tócache a ti decidir. Podes facelo no apartado de comentarios e para cada un dos vídeos da sección e ti que opinas? Estamos diante dunha virtude, dun pecado? Por que?
Este vídeo, podes velo tamén na páxina web do Correlinguas. Alí, tirando da retranca do pais, animamos o concurso que por primeira vez convocaron na modalidade de vídeo.
Que lema máis axeitado escolleron Elisa e Uxia de 3º da ESO no mes de marzo para romper algúns prexuizos sobre a utilidade do galego. Aí temos a Lois Tosar, todo un campión na dignificación do noso idioma. Un dos mellores actores do momento, incluso a nivel internacional -recoñecido en Holywwood-, facendo bandeira e sentindose moi orgulloso de falar no noso idioma, tamén en Madrid¡¡.
No enlace podedes ver unha mostra do compromiso de Tosar co galego e con Galicia. El presta a súa imaxe a unha campaña turística que pretende promocionar Lugo por todo o Estado Español. Moi interesante e todo un exemplo a seguir¡¡
Noraboa Lois, ti es a proba máis evidente de que se pode ser univerval partindo do particular e sen renunciar as orixes.
A páxina web FLOCOS TV, de divulgación do audiovisial en galego acaba de pechar por falta de apoio da Xunta. Foi esta unha páxina moi visitada pol@s nos@s alumn@s, non só polo que supuña de pulo normalizador do noso idioma nun dos campos máis atractivos para os xoves -o audiovisial-, senón tamén por que amosaba unha excelente calidade nos seus traballos. Incluso esta páxina foi recoñecida internacionalmente como unha das mellores do xenero pola prestixiosa revista de cine Cahiers du Cinema
A que virtuoso se lle ocorreu deixar sen axuda a esta xente? Que se pretende con este tipo de decisións?
Dende aquí agardemos que os responsables da política cultural do noso pais reconsideren a falta de apoio a este tipo de iniciativas e que axiña poidamos visitar FLOCOS TV.
No enlace que vos proporcionamos podedes ver ás persoas que facían posible FLOCOS TV. Parabéns polo voso traballo¡¡
A partir deste título tan suxerente @s alumn@s que colaboran activamente co Equipo de Normalización Lingüística están a elaborar uns video-clip moi entretenidos que pretenden chamar a atención sobre a situación do noso idioma, ao mesmo tempo que nos invitan a que o falemos sen ningún tipo de prexuizo e con total naturalidade.
Aquí tedes a primeira entrega, toda unha obra mestra dirixida por Hugo Taladrid, con Gabriel Edrosa na fotografía e montaxe. Os principais papeis están interpretados por: Lucila Campos, Alba Maragoto e Yoshua Cao.
Neste video colaboraron tod@s @s alumn@s de Atención Educativa de 4ºeso.