|
|
|
OBRADOIRO DE PORTUGUÊS |
|
|
|
|
|
INSTRUMENTOS DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA |
|
A MÚSICA TRADICIONAL DE GALICIA. CHARLA DE MARÍAS DE ORTIGUEIRA on PhotoPeach
Neste vídeo realizado polo responsable da bibiblioteca do centro, Xoán Xosé Sáa, queda constancia da exposición e da charla organizada polo departamento de Música e polo equipo de Dinamización sobre os instrumentos da nosa música tradicional e que se desnvolveu na Biblioteca do centro. |
|
|
|
O GALEGO TEN IMAXINACIÓN |
|
 Neste mes de marzo o cartel tivo como protagonista o Entroido. Unha boa oportunidade para poñer a proba o bo humor e a imaxinación. |
|
|
|
CERTAME LITERARIO MINERVA |
|
 Neste curso participamos de novo no certame literario Minerva, convocado polo colexio Peleteiro. Irene e José, de 1º de BAC,amosan os sobres cos seus traballos. Agradecemos a súa participación e desexámoslles moita sorte. |
|
|
|
EU QUERO GALEGO |
|
O pasado mes de febreiro As Pecadoras amosaron o seu amor polo galego nestas suxestivas imaxes capturadas pola nosa fotógrafa particular, Rocío, profesora do ciclo de Química Industrial. |
|
|
|
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO |
|
)
O 24 de febreiro, día de Rosalía de Castro,as alumnas e os alumnos de 4º ESO A, rendéronlle unha sinxela homenaxe á gran escritora do Rexurdimento recitando o poema que abre o libro Cantares Gallegos |
|
|
|
VIDEO SOBRE DÍAZ CASTRO |
|
)
Este 17 de maio o protagonista das nosas letras será Xosé María Díaz Castro, o autor de Nimbos, onde se inclúe o coñecido poema "Penélope". Este vídeo é unha das múltiples homenaxes que se lle farán ao autor co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. |
|
|
|
LEMBRANDO A LUÍSA VILLALTA |
|
)
Cando se cumpren 10 anos da prematura morte da escritora, filóloga e violinista Luísa Villalta, "Gallaecia Films" realizou este documental no que participaron amigos, escritores, alumnos e compañeiros da autora. |
|
|
|