;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IGNACIO VILAR ESTIVO CON NÓS PRESENTANDO A SÚA NOVA PELÍCULA

O director galego Ignacio Vilar estivo con nós presentando a súa nova película Vilamor. Con el estiveron Xoel e Sonia,actor e atriz que xogan un papel fundamental no argumento da película. Esta nova película de Ignacio, como á anterior Pradolongo, está rodada integramente en galego, con actores do pais e en escenarios naturais do interior de Lugo.

Os nosos alumnos de 4º da eso poideron coñecer de 1ª man o bo facer e a sensibilidade de Ignacio Vilar para tratar temas universais partindo da nosa realidade particular. Así mesmo tiveron ocasión de escoitar as experiencias cinematográficas de Xoel e Sonia: dous grandes da escena galega que sen renunciar ao seu idioma propio teñen proxección internacional.

Parabens para a xente do cine comprometida co noso idioma¡¡

A estrea mundial da película será este venres 30 nos cines Cinelandia de Ribadeo e proxectarase ao longo de toda a Semana Santa. Non a perdas¡¡

Se queres saber máis da película clica no enlace
CLICA AQUÍ
Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-03-2012 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
O décimo disco de Zënzar fala da "necesidade dunha revolta"
Zënzar, unha das bandas máis veteranas do rock en galego, presenta o seu novo traballo "Vaise Armar" o 5 de maio de 2012 na Sala Josfer, en Mesón do Vento. Unha auténtica festa musical da comarca con Sterko, Familia Caamagno e Mou, dos Dios ke te Crew, de pinchadiscos (DKTC).

Zënzar define "Vaise Armar" como "un traballo con letras que falan da corrupción, do estado do malestar e da necesidade dunha revolta social". No disco colaboran Pablo da Lama (frauta e gaita), X M Ares (gaita), Loli Nogueira (voz), Vituco Ruxe (voz) Mario Túzaro-Invivo (voz) e moitos máis.

Zënzar naceu en 1987 e ten na rúa nove traballos, o último un DVD ao vivo. A banda está formada por Xosé Bocixa, Mario Grela, Paco Cerdeira, X. A. Tabeaio e Manolo García.
CLICA AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 23-03-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
TRES ALUMNAS DO NOSO INSTI NO CONCURSO DA COCA COLA

O derradeiro día 16 celebrouse no IES Vilar Ponte de Viveiro o "Concurso de Relato Cutro" en galego no que participaron as alumnas de 2ª de ESO: Nerea Fernández iglesias, Aida Limeres Pillado e Carolina García Abad.

O estímulo que recibiron para a redacción foi a "Historia persoal e deportiva de Javier Gómez Noya" o atleta ferrolán de triatlón; e ó longo de dúas horas os participantes poideron inventar unha historia relacionada co atleta.

Agora estamos a agardar os resultados do concurso pois temos moitas esperanzas en que algunha das nosas participantes acade algún premio.
Noraboa por participar¡¡
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 21-03-2012 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO RELATO CURTO COCA-COLA
Xa está aquí a 4ª Edición do Concurso de Relatos Curtos en Galego que convoca a Coca-Cola, a empresa máis importante a nivel mundial de bebidas gasesosas.

O concurso a nivel comarcal celebrarase o venres 16 de marzo ás 17,30h. no IES Vilar Ponte de Viveiro

Como sabedes do ano pasado, a Coca Cola outorga aos concursantes importantes premios, que van dende viaxes ao extranxeiro ata material audiovisual.

Animádevos a concursar¡¡
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 08-03-2012 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
ENRIQUE MONTEAGUDO INGRESA NA R.A.G.
O socio-lingüista Enrique Monteagudo acaba de ingrasar na Real Academia Galega cun discurso onde, entre outras teses, denuncia a falacia e a manipulación que supón soster que o galego é unha imposición...podes ler máis no seguinte enlace.
CLICA AQUÍ
Comentarios (2) - Categoría: PECADOS - Publicado o 02-03-2012 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Revista O Cartafol para ipad
Acaba de sair a primeira revista multimedia en galego para ipad ou kindle tabletas. Unha iniciativa moi interesante, que dende aquí queremos saudar, para manexarnos no mundo das novas tecnoloxías usando o noso idioma.
Parabéns¡¡

CLICA AQUÍ PARA DESCARGAR A REVISTA
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 02-03-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal