Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
Neste mes de febreiro os alumnos de 2º do Ciclo de Química Industrial, convocaron un certame de receitas do Entroido no que poderá participar todo o centro. Dende Dinamización colaboramos para que cada participante achegue a súa receita escrita en galego.
O pasado 21 de decembro na casa da Cultura de San Cibrao as alumnas e os alumnos do centro gozaron da música de Tumba e Dálle. Bailaron, tocaron instrumentos e atenderon ás interesantes explicacións que deron os compoñentes do grupo sobre a evolución da música popular.