;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

15º Pecado: OBRADOIRO DE COMIC EN GALEGO

Antes do nadal dábamos conta das novas editoriais en relación co cómic en galego, algunhas delas auténticos bet-seller que triunfan fora das nosas fronteiras. Pois ben, a semana pasada, para completar esta iniciativa do fomento do cómic en galego, levouse a cabo un obradoiro no IES ILLA DE SARÓN de Xove, no que participaron conxuntamente alumnas e alumnos dese instituto e máis do noso.

O obradoiro estaba organizado polos departamentos de Debuxo e de Normalización Lingüística de ambolos dous centros. O ILLA de SARÓN e o MARQUÉS de SARGADELOS veñen colarando asiduamente este curso na elaboración de proxectos conxuntos.

Alí o alumnado participante aprendeu, da man de Abrahan Camino, técnicas básicas para mellorar a expresividade do debuxo, para crear un personaxe, para elaborar os tipos de bocadillos que existen e cando se utilizan,para crear os diferentes puntos de vista ( picado, contrapicado e frontal), para introducir os tipos de planos (primeiro plano, plano medio e plano enteiro), as onomatopeias, e os tipos de entintado para pasar o debuxo a limpo (tramas, sombras planas). En definitiva, todo un abano de trucos que serviu para coñecer mellor o traballo de creador de cómic e para darse de conta como a creatividade non está reñida co uso do galego, pois os nosos creadores máis celebrados publican no noso idioma.

Na foto podedes ver un momento do desenvolvemento do obradoiro






Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-02-2011 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Virtude nº 6.- "Hablar gallego no me pone"
Este vídeo tal vez sexa unha das mellores leccións de sociolingüística dos últimos tempos. Pon en evidencia a situación de autoodio cara a lingua propia dunha boa parte da xuventude das vilas e cidades e desvela as mentiras de estudos e estatísticas administrativas, que pretenden dar unha visión máis idílica da situación da nosa lingua.
Aquí queda patente a realidade do que ocorre nunha boa parte de centros educativos, nos que se incumpre toda a lexislación sobre a normalización do galego dende hai anos.
As consecuencia de mirar para outro lado para non molestar, porque todos somos moi tolerantes, son persoas totalmente alleadas da súa cultura, que renegan da fala e da terra e que é o primeiro paso par desaparecer como colectividade diferenciada.

Vede o vídeo e reflexionade.

Comentarios (13) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 16-02-2011 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
14º Pecado: O PROXECTOTERRA CONSOLINASE NO NOSO CENTRO

O Proxectoterra é unha iniativa do Colexio de Arquitectos de Galicia que pretende, dun xeito moi didáctico, dar a coñecer entre o alumnado da ESO os elementos básicos que historicamente configuran a nosa indentidade como pobo, e fomentar os valores da sustentabilidade e da harmonía das paisaxes humanizadas.

Polo interese que ten este proxecto para a formación integral dos noso alumnado, o Dep. de Historia e Ciencias Sociais do noso centro ven traballando dende fai catro cursos co alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO para que tomen conciencia da importancia que ten respectar o legado dos nosos maiores e para poñer as bases da reconstrucción do noso pratrimonio material e inmaterial incorporando as novas tecnoloxías que proporciona a chamada sociedade do coñecemento.

O alumnado que participou na edición pasada elaborou uns traballos que os responsables do Proxectoterra elexiron para ser incluidos no 2º CERTAME XENTES, ESPAZOS E LUGARES.Parabéns a todos eles¡¡

Podedes ver a presentación no seguinte enlace, e os traballos sobre o medio físico, o desenvolvemento e a industria clicando nos títulos que están xusto abaixo.
A VIAXE A OURENSE: PRESENTACIÓN
OURENSE: INDUSTRIA
OURENSE: O MEDIO FÍSICO
OURENSE: DESENVOLVEMENTO
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 14-02-2011 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
4º Pecado: A DURACIÓN DA FALA É A ÚNICA POSIBILIDADE DE QUE NÓS DUREMOS COMO POBO
Este é o lema que Sabela García Otero ,de 2º Bach., colleu prestado de Álvaro Cunqueiro para este mes de febreiro. Cunqueiro, como sabedes, foi un inmenso escritor que ademais alertou sobre a rápida perda de falantes en galego. Esta perda, a xuizo do noso narrador e poeta universal, pon en perigo a nosa continuidade étnica.

Coñeces outro lema que lanzou para demandar a durabilidade do noso idioma, e que pasa por ser un dos máis belos que se fixeron ata agora?

Por certo, Cunqueiro volve proximamente a estar de actualidade. Por que?

Na foto vemos a dous destacados membros de As pecadoras colocando os carteis nas aulas: Raquel e Víctor
Comentarios (3) - Categoría: PECADOS - Publicado o 06-02-2011 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal