;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CALENDARIO 2014
O Equipo da Biblioteca do centro xunto co de Dinamización Lingüística agasallou á comunidade educativa con cadanseu calendario para o 2014.


Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-12-2013 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
I CONCURSO COCIÑA CREATIVA DE NADAL
No concurso organizado polo alumnado do ciclo de Química Industrial houbo unha suculenta exposición de inxeniosos pratos con espirito navideño. A maioría eran doces e unha pequena mostra é a árbore biscoito da imaxe.


Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-12-2013 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
O LIBRO DOS REIS MAGOS
A Rede de Dinamización Lingüística preparou este libro de fermosos discursos redactados por 25 escritoras. Discursos nos que a presenza da nosa lingua ten un papel protagonista e as ilustracións son unha verdadeira ledicia.
Preme aquí Libro dos Reis Magos e aproveita este fermoso agasallo.
Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-12-2013 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
FELICES E DINAMIZADORAS FESTAS DE NADAL

Xa están aquí as vacacións de Nadal. Dende o Equipo de Dinamización Lingüística queremos aproveitar para desexarvos a todas e a todos unhas felices e dinamizadoras festas de Nadal.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 17-12-2013 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Coincidindo co Día Internacional contra a violencia de xénero, As Pecadoras quixeron sumarse o 25 de novembro ás numerosas accións que se desenvolveron en moitos puntos do noso país en contra da violencia machista.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 17-12-2013 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal