;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LEMA DECEMBRO: A NOSA LINGUA, O NOSO MELLOR AGASALLO

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 14-12-2012 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
12-12-12
LENDOACELSOEMILIO


Na biblioteca do centro o alumnado de 1ºBac, PDC e máis do ciclo de Química Industrial,participaron no acto de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, con motivo do centenario do seu nacemento. Ademais da lectura do poema Deitado frente ao mar, léronse outros poemas do autor e proxectouse o videopoema Irmau.
Velaí as imaxes da actividade:














Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 14-12-2012 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
SÉS EN CONCERTO
Na Casa da Cultura de San Cibrao o alumnado da ESO do noso centro, xunto co alumnado do IES Illa de Sarón, vibrou na tarde do 26 de novembro coa voz e a música poderosas de Mª Xosé Silvar, Sés, unha cantautora coruñesa que nos engaiolou coas súas letras, en galego e con mensaxe.
A súa actitude independente e enérxica enriba do escenario non deixou a ninguén indiferente.


Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 06-12-2012 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal