;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O VALEDOR DO POBO PIDE A RETIRADA DUN LIBRO DE TEXTO QUE RECOÑECE O GALEGO COMO LINGUA PROPIA
Áqui temos a mellor das virtudes deste ano¡¡

Nada máis nin nada menos que o VALEDOR DO POBO (GALEGO) pide a retirada dun libro de texto de Coñecemento do Medio que recoñece ao galego como lingua propia de Galicia.

Sabedes cal é a lingua propia de China? E a de Alemania? E a de Inglaterra?... Pois coidado con facerlle estas preguntas ao noso afamado Valedor, non vai a ser que coa súa lucidez xurídica poña en tela de xuizo cousas tan evidentes.

Todo un virtuoso. Un aplauso para o noso Valedor¡¡
Comentarios (1) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 20-12-2011 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA SABE A PAN
A tradición dinos que en Cea (Ourense) elabórase un pan dos mellores do país.

O que si é certo é que o alumnado e mais o profesorado do CIP de Cea quérenlle tanto ao seu pan como á súa lingua.

Seguro que todas e todos podemos aprender moito desta grata iniciativa

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 13-12-2011 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
OS RESENTIDOS e SINIESTRO TOTAL
Interante entrevista publicada hoxe en El Pais a dous lideres musicais (Os Resentidos e Siniestro Total) e por extensión da cultura galega contemporanea.
ENTREVISTA
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-12-2011 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal