|
|
|
11º Pecado: O APALPADOR CHEGA POR 1ª VEZ A SAN CIBRAO |
|
O Grupo de Acción Directa de As Pecadoras repartiron este mércores, dia 15 de decembro, as pegatinas do Apalpador entre os comerciantes de San Cibrao, que por primeira vez chega a nosa comarca.
O Apalpador é unha figura mitolóxica galega que agarima e agasalla @s nen@s polo nadal. Con este iniciativa queremos achegar esta figura á cidadanía, especialmente @s nen@s; e tamén fomentar entre o comercio local o uso de pegatinas en galego para felicitar o nadal.
Para facer posible na comarca esta iniciativa colaboraron os Equipos de Normalización dos IES de Foz, de Ribadeo, O Perdouro, O Illa de Sarón e mailo no noso. E para chegar aos comerciantes da nosa vila foi determinante o patrocinio da Asociación de Comerciantes de San Cibrao.
Na foto podedes ver ao Grupo de Acción Directa de As Pecadoras entregando as pegatinas a Anabel, a Presidenta da Asociación de Comerciantes, a quen dende aquí lle queremos agradecer a súa colaboración.
|
|
|
|
10º Pecado: XA TEMOS MARCAPÁXINAS PARA NADAL |
|
@s alumn@s de 3º e 4º da ESO participaron nunha iniciativa que desenvolveron nas clases de debuxo coa intención de elaborar un marcapáxinas que poidades empregar nas vosas lecturas preferidas. O deseño gañador foi o de Sonia Álvarez Ignacio de 4ºESO. Dende aquí dámoslle os parabéns pola súa maestría. Tamén queremos felicitar ao resto dos participantes, que coas súas aportación fixéronlle difícil o labor ao xurado.
Proximamente todos os marcapáxinas estarán expostos na biblioteca do centro para que poidades apreciar a calidade dos mesmos.
Na foto podedes ver un momento das deliberacións do xurado para determinar quen ía ser a gañadora.
|
|
|
|
4º Pecado: AQUÍ ESTÁ O LEMA DO MES DE DECEMBRO |
|
A vosa compañeira Andrea Pacheco, de 4ºESO, seleccionou este impactante lema: SE AINDA SOMOS GALEGOS É POR OBRA E GRACIA DO IDIOMA Como seguro sabedes, é unha das máis célebres sentencias dunha das meirandes figuras política e cultural do S.XX: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Este mesmo lema foi un dos elexidos pola plataforma Queremos Galego para denunciar, na histórica manifestación do 21 de xaneiro de 2010, o recorte do uso do galego no ensino.
Pode decirnos alguén de que obra de Castelao foi entresacada?
|
|
|
|
9º Pecado.- A loita polo ensino en galego hai 30 anos |
|
A historia hai que coñecela para non repetila ou para interpretar os feitos recentes dende outro punto de vista.
Neste artigo da Nosa Terra podemos ver como estamos volvendo para atrás coas novas políticas do goberno galego. En trinta anos semella que non se avanzou nada. |
|
|
|
8º Pecado.- A nave das ideas |
|
"A Nave das Ideas" é un colectivo que presume de "neofalante" nun ámbito, o urbano, con maior presión sobre o galego.
É interesante ver estes vídeos para comprender o que significa falar galego no mundo urbano
E este para ver as potencialidades do idioma nunha sociedade. Cando un pais ten confianza no seu pode crear e xerar riqueza.
|
|
|
|