;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PREPARANDO VISITA CASA MUSEO MANUEL MARÍA

O sábado 3 de outubro os responsables da Biblioteca e do Equipo de Normalización acudimos a unha visita organizada a Outeiro de Rei para prepararmos a que imos realizar cos nosos alumnos no mes de abril á Casa Museo de Manuel María e á súa contorna.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-11-2015 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
VIDEOCONFERENCIA XURXO MARIÑO

Con motivo do VI Día da Ciencia en Galego, o pasado 4 de novembro o noso centro participou na videoconferencia do científico Xurxo Mariño. Esta iniciativa, organizada pola CGENDL,tivo moi boa acollida por parte dos alumnos e contou coa colaboración dos Departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-11-2015 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
CARTEL DE OUTONO

Comezamos coa exhibición de carteis no corcho de Dinamización. Nesta ocasión aproveitamos para homenaxear a Manuel María cun poema do autor sobre o outono.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-11-2015 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
A PRAIA DOS AFOGADOS


O pasado 9 de outubro asistimos á estrea do filme "A praia dos afogados". Foron os/as alumnos/as de 1º e 2º de Bac, 4º da ESO e FP Básica. O xornal EL Progreso fíxose eco desta noticia. Seica fomos os primeiros da Mariña.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-11-2015 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal