|
|
|
O GALEGO NA BOCA |
|
Lema do mes de decembro, protagonizado polo alumnado de 4º PDC e unha alumna de 4º ESO. Dende aquí queremos agradecerlles a súa colaboración. |
|
|
|
GHALEGHO |
|
|
|
|
|
A DERRADEIRA PRIMAVERA |
|
A derradeira primavera é o vídeo realizado por alumnado de 1º BAC do noso centro para participaren no concurso da Axenda Dixital 2020, que nesta ocasión ten como lema: "Como te imaxinas que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro?".
O vídeo foi gravado no centro cun móbil Nexus5 e o tratamento da imaxe con Openshot (Ubuntu).
Unha interesante reflexión sobre o futuro do noso idioma e a súa relación coas novas tecnoloxías, con claras referencias ao desexo expresado por Cunqueiro: "Mil primaveras máis para o galego", e ó filme Blade Runner de Ridley Scott.
|
|
|
|
O DEREITO A GOZAR DA FÍSICA EN GALEGO |
|
Con motivo da conmemoración do V Día da Ciencia en Galego, que este ano se celebra baixo o lema O dereito a gozar da física en galego e que homenaxea a figura do científico galego Xosé Rodríguez González, o equipo da Biblioteca do centro e o de Dinamización lingüística realizamos unha pequena exposición. Ademais, nesta ocasión o alumnado ten a oportunidade de participar nun concurso de preguntas. Entre os participantes que respondan correctamente as cuestións farase un sorteo. Os gañadores recibirán un agasallo. |
|
|
|
LE SEN MEDO |
|
Aproveitando a celebración do Samaín, os/as alumnos/as de 1ºde ESO elaboraron uns cartaces co lema LE SEN MEDO Esta actividade, organizada por Dinamización e que contou coa colaboración da biblioteca e do Departamento de Plástica,completouse cunha exposición de libros de medo en galego e cunha lectura organizada pola biblioteca durante a mañá do xoves, 30 de outubro. |
|
|
|
GALICIA, A FLOR DE PEL |
|
 http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/necesitamos-iniciativas-vinculen-lingua-coa-vangarda-concurso-tatoos/20141107165210032093.html
Galicia, a flor de piel é unha orixinal iniciativa do Clube de Lingua do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces(Pontevedra) que convocou un concurso de tatuaxes nas que a lingua e a cultura galegas son as protagonistas.
Na ligazón que aparece debaixo da foto, podedes ler a noticia e ver as tatuaxes que concorreron a este certame. |
|
|
|
EU DIGO... |
|
|
|
|
|