Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
O TSXG acaba de encumbrar ao noso afamado maestro e aos seus mulilleros ás máis altas esferas da virtude. Sentencia o TSXG que Jesús Vazquéz, nunha impresionante faena expresada con moito empeño no decreto do Plurilingüísmo, lle pega uns marabillosos pases e dúas estocadas case de morte á Lei de Normalización Lingüística.
Ao sair do coso Jesús Vázquez declarou exultante: ?Pero é que o contido aválase ao 100 % polo TSXG? . Ole¡¡ ¡ Máis adiante cando o entrevistador lle pregunta se considera que perderon os que recorreron o decreto, nun impresionante derechazo de capote, responde: ?pero é o que declara a sentencia, non o digo eu?. Ole de novo¡¡Que desplante diante do toro¡¡
O entrevistador nun momento de atrevemento (a quen se lle ocorre) ousa dicirlle que ?xa se piden -por parte dos recurrentes- dimisións?, ao que responde Jesús Vázquez -ainda en traxe de luces-: ?eles mesmos contestarán en que tipo de institucións pode haber dimisións ou ceses?. Eso, eso...muy bien maestro¡¡ Que dimitan o presidente da Mesa pola Normalización, o máximo responsable da organización Queremos Galego e ese cara dura del sindicato nacionalista...e como non, que dimitan xa dunha vez @s alumn@s de falar el gallego. Que arte mi madriña¡¡A seguir toreando maestro, que es lo tuyo.
Con motivo do centenario de Celso Emilio son moitas as homenaxes que se veñen celebrando por todo o país. Velaí tedes unha mostra no instituto da Fonsagrada.
Estas palabras de Jesús Tuson , Profesor de Lingüística da Universidade de Barcelona e autor do coñecido Mal de linguas, invítannos a reflexionar sobre a importancia que teñen as linguas na transmisión cultural dos pobos.
Eu falarei
Lipdub que ten como base musical a canción I will survive, de Gloria Gaynor. Ademais de facernos bailar e cantar, pretende que reflexionemos sobre a situación actual da nosa lingua, xa que de nós depende a súa vitalidade.
Elaborado polo IES de Chapela, Redondela