Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
A Coordenadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística pon un ano máis á nosa disposición un apartado moi interesante para que poidamos felicitar o nadal con tarxetas electrónicas, así como outras iniciativas de interese como colantes para agasallos, refráns, o Apalpador (que tanto exito tivo no nadal pasado no noso Concello)...
Tamén a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a II Edición do Concurso de Presentacións Electrónicas para o Nada 2011. Unha moi boa iniciativa para poñer en práctica as habilidades no manexo dos programas informaticos do tratamento de imaxes.
Clica no enlaces que che proporcionamos e accederás e estes recursos, ás propostas máis interesantes do nadal pasado e as bases do concurso de Presentacións Electrónicas.
Aquí temos o lema de novembro. Foi proposto por Elisa Rodríquez de 4º ESO, e elaborado polo Equipo de Deseño Gráfico das Pecadoras.
Castelao é unha máquina¡¡ Que temos que dicir na nosa lingua? Temos que dicir, por exemplo, que é a lingua propia de Galicia e que é un sinsetido prohibir que poidamos expresar nela coñecementos matemáticos ou físicos ou quimicos ou tecnolóxicos...
O ano pasado entrou en vigor un novo decreto sobre o galego nos centros de ensino que limitou de feito a posibilidade de normalizar o seu uso en calquera materia do currículo, nomeadamente no ámbito científico. A partir do curso pasado, por exemplo, as matemáticas, a química ou a tecnoloxía non poderán expresarse legalmente en galego.
Por iso hoxe, dende aquí, queremos reivindicar o dereito a poder expresarnos no noso idioma en calquera das materias que se imparten nos institutos e colexios.
Se clicas no enlace que che proporcionamos poderás ver un video moi oportuno e interesante sobre esta xusta reivindicación
Mira as ventaxe que ten poñer o teu navegador no noso idioma. Se pos o galego como preferido, entón:
Sairanche automaticamente as webs multilingües no idioma do país.
Potenciarás as buscas na Galipedia.
Baixarás os programas multilingües en galego.
Influirás para que se creen versións en galego das webs.
Impulsarás o emprego na terra.
Se o galego é a túa lingua, fala en galego tamén na web!
Clica no enlace que che propocionamos e poderás entrar na páxina que che explica como configurar o teu navegador na nosa lingua.