Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
O comic de Dani Montero Sen Mirar Atras xa está dispoñible na biblioteca do noso centro. Con esta obra Dani gañou o Premio Castelao 2009, e con ela está tendo un recoñecemento que transcende as nosas fronteiras.
Tamén están alí os comic O fillo da furia
de Mamed Casanova e Os lobos de Moeche de Manel Cráneo, dous autores que apostan decididamente polas novas tendencias do deseño.
Finalmente, xa temos con nós os dous últimos números da revista galega de humor Retranca, a revista máis rompedora de todo o territorio español, así como o último número do comic Barsovia.
A nova fornada de deseñadores gráficos do pais amosan ao mesmo tempo que unha excelente calidade artística, un compromiso inequivoco co idioma do pais. Dende aquí, queremos invitarvos a que lles botedes unha ollada a estes comícs.
O pasado venres 19 de novembro, os Departamentos de Normalización Lingüística do IES Illa de Sarón de Xove e do IES Marqués de Sargadelos remataron os actos da Semana da Ciencia en Galego cunha representación científico-teatral realizada polo grupo Peripeciencia. Uns 200 alumn@s acudirón a Casa da Cultura de San Cibrao para disfrutar da obra MATARRATOS DARWIN que pon en valor a figura e a obra de Darwin. Con esta iniciativa os devanditos departamentos quixeron sumarse a iniciativas que reivindican o valor de uso do noso idioma no campo das ciencias.
O grupo Peripeciencia está formado polo profesor da Universidade da Coruña e divulgador Xurxo Mariño (natural de Foz) e polo actor Vicente de Souza. Eles dous poñen en escena un novo formato multimedia e teatral en galego que combina humor e rigor científico e que proporciona unha visión novedosa e ao mesmo tempo irreverente das circunstancias que arrodearon a viaxe de Darwin por América do Sul.
En psicoloxía sempre se busca a causa das fobias nos individuos. É necesario para poder deseñar un tratamento, que sempre será longo e difícil. O mesmo sucede coas fobias e cos traumas sociais por falta de autoestima.
O comportamento das sociedade galega que se manifesta desprezando o que lle é propio, ten a súa explicación en traumas vividos ao longo da historia. Un deles aínda recente.
Mirade con atención este vídeo que reflicte o que pasaba nas nosas escolas hai só 30 anos. Comprobade que non só se impoñen modelos lingüísticos, senón tamén de relación social para as mulleres, que deben ser submisas e realizar labores "propias do seu sexo".
Tende agora en conta que aqueles alumnos son os pais, mestres e profesores dos alumnos de hoxe.
Deste xeito poderedes entender o autoodio que temos polo noso; e o desleixo e falta de interese por defender o noso idioma, así como os comportamentos de submisión a todo o que ven de fóra e o acatamento rendido ao amos de sempre.
Podedes ver outra reflexión ao respecto neste blog
¿A alguén se lle ocorre o remedio para esta enfermidade social? -Que o diga antes de que o doente morra. Despois non haberá máis que escuridade.
Aquí tedes o cartel-mural que o equipo de As Pecadoras elaborou con motivo do Día da Ciencia en Galego. Lembrade que o vindeiro día 19 de novembro iremos, conxuntamente co IES de Xove, á Casa da Cultura de San Cibrao para ver a representación científico-teatral MATARRATOS DARWIN.
Nesta páxina de Galicia Conficencial podedes ver a noticia dun excelente traballo feito polo grupo das Candongas do Quirombo e ver o vídeo onde se aprecia a verdadeira situación do galego, sobre todo nas vilas. Tamén pode servir como material de apoio nas aulas de galego en temas de sociolingüística.