;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS PECADORAS
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 27-10-2013 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
LEMAS: O GALEGO TEN CIENCIA

Iniciamos os lemas deste curso e nesta ocasión facémolo aproveitando a celebración do Día da Ciencia en Galego. O alumnado do 1º ciclo de Química Industrial protagonizan este primeiro lema e a súa profe, Rocío, retratounos así de ben. Agradecémoslles a súa colaboración.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 27-10-2013 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
É TEMPO DE SOUTAR
Chega a época dos magostos. Velaí as alumnas e alumnos de 1º de ESO, coa profe Luz, facendo boca con este fermoso mural. Na biblioteca do centro procurouse a información sobre a gran variedade de castañas que poboan o noso país.






Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 27-10-2013 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
SÉS, CO XENIO DESTROZADO
A Sés coñecímola o curso pasado e non nos deixou indiferentes.
Agora leva uns meses soando o seu novo disco Co xenio destrozado. Un traballo onde diferentes estilos musicais (Fas rock,Soul,
Blues,Country...) son interpretados en galego porque, como di Sés, "é o normal".


Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 18-10-2013 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
MALLANDO NO ANDROID

Con este lema tan suxestivo, Iago Varela Martínez coordina unha campaña para que Google inclúa o galego como opción no sistema operativo base dos móbiles.

Anímate e colabora asinando nesta ligazón:
http://www.change.org/es/peticiones/que-google-inclúa-o-galego-como-opción-de-idioma-na-versión-base-de-android?share_id=dwhNdjBvor&utm_campaign=signature_receipt&utm_medium=email&utm_source=share_petition

Con esta acción, estás contribuíndo a que a presenza do galego nas novas tecnoloxías siga medrando.

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 18-10-2013 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
A MASCOTA DO XABARÍN NA BIBLIOTECA

A mascota do Xabarín Club, agora en papel grazas á revista "OINK",en breve chegará á nosa biblioteca. O responsable do cómic é Kiko da Silva, coñecido por iniciativas como a revista de humor Retranca


Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 18-10-2013 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
ESTREAMOS CURSO E PECADORAS

Demoramos un pouco o inicio do blog este curso; (coma quen non quere a cousa xa case vai un mes...)
Xa vedes que iniciamos esta nova xeira estreando Pecadoras, que nos deixaron estas suxestións no taboleiro de Dinamización.

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 11-10-2013 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal