|
|
|
A Xunta recibe duras críticas polo tratamento que fai do galego |
|
Nesta ligazón podedes ler como o Consello de Europa manifesta a súa preocupación pola progresiva redución do ensino en galego.
http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=87798
|
|
|
|
Ramón Verea García, o galego que inventou a calculadora. |
|
 Con motivo da celebración do III Día da Ciencia e a Tecnoloxía en galego, na biblioteca do centro podedes ver unha pequena exposición.
Por certo, nesta ocasión homenaxease, canda Leonardo da Vinci, ao galego Ramón Verea García que inventou a calculadora. |
|
|
|
Ollos de Aula!, unha revistiña para gozar en familia |
|
 Aquí está Ollos de Aula,unha idea da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que vos faremos chegar dende o Equipo de Dinamización do centro mensualmente coa idea de abordar temas de actualidade así como suxestións sobre lecturas, música, viaxes... |
|
|
|
MIRA O TABOLEIRO DE NORMALIZACIÓN |
|
 Empeza un novo curso e, coma en edicións anteriores, queremos darche a coñecer as novas máis interesantes en relación co uso da nosa lingua non só dende este blog, senón tamén dende o Taboleiro de Normalización que se atopa no hall do Insti.
Como non podía ser doutra maneira, o taboleiro inclúe a nova do twitter en galego e fai un chamamento a que se amplíe o seu emprego a todas as redes sociais.
Gracias a Celia e Paula pola súa colaboración, elas anímannos a mirar o taboleiro con cariño e alegría. |
|
|
|
Galicia xa chia en galego¡¡ |
|
 Empezou un novo curso e empezou cun pecado monumental: o Twitter en galego.
Galicia xa chía en galego grazas á campaña iniciada por Ian Vázquez, investigador en Luxemburgo e amante do tenis,quen logrou co apoio de milleiros de internautas que Twitter conte cunha versión no noso idioma. Amig@s de As Pecadoras, trátase dun importante avance na galeguización das redes sociais. Dende aquí queremos recoñecer este pasiño de Ian Vázquez adicandolle o 1º dos lemas deste curso.
|
|
|
|