;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

5º Pecado: A CIENCIA FALA GALEGO ¡ ¡
O vindeiro día 4 de novembro celébrase en toda Galicia o Día da Ciencia en Galego. Con motivo desa celebración o IES de Xove e mais o noso organizan un acto conxunto para o día 19 dese mesmo mes na Casa da Cultura de San Cibrao. Trátase dunha representación científica-teatral arredor das teses fundamentais de Darwin, titulada Matarratos Darwin, e que poñen en escea o científico Xurxo Mariño e o actor Vicente de Souza

Esta actividade vai dirixida aos cursos do 2ºnivel da ESO, a Bacharelato e ao Ciclos Superiores que se imparten en ambolosdous centros.
Quen dixo, que a ciencia non fala galego?

Por certo quen coñece a Xurxo Mariño? Podedes comentar algo das súas actividades? Ten algunha páxina web?
CLIKA AQUÍ: MATARRATOS DARWIN
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 22-10-2010 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
4ºPecado: O LEMA DO MES DE NOVEMBRO
Xa está aquí o lema do mes de novembro. Este primeiro lema tiña que se buscar pola obra de persoeiros da nosa cultura.

Foi Iván, o voso compañeiro de 1º de Bac. quen nos fixo chegar esta aportación de Celso Emilio Ferreiro.

A pouco que a leades comprobaredes como nela se atopan os atencedendes do que se deu en chamar Movemento Bravú.

Ah¡... que non coñecedes este movemento da música galega? Ou si.. alguén pode comentar algo deste movemento musical que se empezou a producir en Galicia a mediados dos anos 90 do século pasado? Alguén coñece algún grupo músical bravú?
Comentarios (2) - Categoría: PECADOS - Publicado o 21-10-2010 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
3º Pecado: As penitencias de falar galego
Hai anos, non tantos como parece, na ditadura de Franco, moita xente veuse humillada e maltratada por defender a súa honra, por querer e sentir a súa cultura. Este é ocaso que contan neste vídeo quen viviu esas traumáticas experiencias en carne propia e allea.

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 15-10-2010 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
2ºPecado: Faldas con lagarto para defender o galego
O colectivo "A saia da Carolina" reivindicará o día 21 en Marín que os nenos aprendan a canción tradicional galega no seu idioma natural. No seu apoio sae unha costureira de Cangas que pon á venda por internet saias co debuxo do lagarto.

Podes ampliar a noticia neste enlace de El País
E ver as saias pinchando aquí.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 15-10-2010 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Virtude nº 2
Una funcionaria de Pontevedra exige el uso del castellano

Louzán esixe documentos en castelán aos concellos
Comentarios (0) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 15-10-2010 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
1º Pecado: UN LEMA PARA O GALEGO
No IES Marqués de Sargadelos estáse a levar a cabo unha iniciativa chamada “Un lema para o galego”.

Cada mes, levarase a tódalas aulas do centro un lema que reflicta a situación da nosa lengua.

Os alumnos poderán presentar as súas propostas no Departamento de Orientación ou aos profesores de galego, e, neste mes de outubro deberán estar sacados da obra ou opinión de persoas que teñan que ver coa cultura galega, tanto coa literatura, como coa música, o cine, a ciencia…

Nos vindeiros meses poden presentarse lemas de creación propia.

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística será o encargado da elección do lema que cada mes se levará ás aulas. Para a selección terase en conta a orixinalidade, o impacto nas conciencias, a dignificación do idioma e a reivindicación do uso do galego.

Ao final do curso, entregaránselles premios @s alumn@s que presentaron os lemas escollidos.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 14-10-2010 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Virtude nº1
El PP de A Coruña promete fijar la cooficialidad del topónimo de la ciudad tras las elecciones
Comentarios (0) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 14-10-2010 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal