;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

4º Pecado: A BOA SAÚDE DA NOSA LINGUA SERÁ O MELLOR SÍNTOMA DE PROSPERIDADE CULTURAL E MATERIAL DOS GALEGOS
Foi Rebeca Villapol Baltar (4ºeso) a que nos propuxo este interesante lema para o mes de xaneiro. O seu autor, Xosé Freixeiro Mato realiza unha asociación, realista e brillante ao mesmo tempo, entre lingua e prosperidade.

Que pensas ti sobre o tema. Aí van dúas preguntas que che poden axudar a reflexionar:

1.- Os brasileiros ou os chinos renegan do seu idioma para conseguir maiores cotas de benestar?

2.- seremos máis ricos ou estaremos máis desenvolvidos se abandoamos a nosa lingua?


Na foto podes ver o momento en que Yanira,Lucila, Desiré e Marta colocan os carteis do lema nas aúlas.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 20-01-2011 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
13º Pecado:
GALEGO, CATALÁN E VASCO DAN UN PASO NO SENADO
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 19-01-2011 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
12º Pecado: A BATALLA POLO ENSINO EN GALEGO 1980
O periódico dixital A NOSA TERRA esta facendo unhas reportaxes sobre o que custou conseguir que nas escolas se puidese ensinar en galego. Nos anos oitenta mestres e mestras tiveron que sufrir desprezos, insultos e persecucións por facer que os seus alumnos os entendesen. Resulta que os alumnos non sabían falar castelán, pero eles tiñan que ensinarlles nun idioma alleo. Ver máis neste artigo
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 12-01-2011 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal