;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GHALEGHO
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 29-11-2014 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
A DERRADEIRA PRIMAVERA
A derradeira primavera é o vídeo realizado por alumnado de 1º BAC do noso centro para participaren no concurso da Axenda Dixital 2020, que nesta ocasión ten como lema: "Como te imaxinas que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro?".
O vídeo foi gravado no centro cun móbil Nexus5 e o tratamento da imaxe con Openshot (Ubuntu).
Unha interesante reflexión sobre o futuro do noso idioma e a súa relación coas novas tecnoloxías, con claras referencias ao desexo expresado por Cunqueiro: "Mil primaveras máis para o galego", e ó filme Blade Runner de Ridley Scott.

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 29-11-2014 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
O DEREITO A GOZAR DA FÍSICA EN GALEGO


Con motivo da conmemoración do V Día da Ciencia en Galego, que este ano se celebra baixo o lema O dereito a gozar da física en galego e que homenaxea a figura do científico galego Xosé Rodríguez González, o equipo da Biblioteca do centro e o de Dinamización lingüística realizamos unha pequena exposición. Ademais, nesta ocasión o alumnado ten a oportunidade de participar nun concurso de preguntas. Entre os participantes que respondan correctamente as cuestións farase un sorteo. Os gañadores recibirán un agasallo.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 15-11-2014 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
LE SEN MEDO

Aproveitando a celebración do Samaín, os/as alumnos/as de 1ºde ESO elaboraron uns cartaces co lema LE SEN MEDO Esta actividade, organizada por Dinamización e que contou coa colaboración da biblioteca e do Departamento de Plástica,completouse cunha exposición de libros de medo en galego e cunha lectura organizada pola biblioteca durante a mañá do xoves, 30 de outubro.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 07-11-2014 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA, A FLOR DE PEL

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/necesitamos-iniciativas-vinculen-lingua-coa-vangarda-concurso-tatoos/20141107165210032093.html

Galicia, a flor de piel é unha orixinal iniciativa do Clube de Lingua do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces(Pontevedra) que convocou un concurso de tatuaxes nas que a lingua e a cultura galegas son as protagonistas.
Na ligazón que aparece debaixo da foto, podedes ler a noticia e ver as tatuaxes que concorreron a este certame.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 07-11-2014 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
EU DIGO...



Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-10-2014 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Comezando
Neste curso As Pecadoras comezan as actividades de dinamización colgando no corcho uns consellos normalizadores, que aproveitaron da revista "Ollos de aula" e que recrearon as alumnas e os alumnos de 4ºPDC así de ben.


Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 22-10-2014 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
REGUEIFEIROS
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 22-06-2014 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
o galego ten futuro


E rematamos as actividades deste curso 2013-14 cun lema cheo de optimismo, "O GALEGO TEN FUTURO".
O equipo de Dinamización quere agradecerlles a todas as persoas que colaboraron deixándose fotografar, e moi especialmente a Rocío, profesora do Ciclo de Química Industrial, cuxa colaboración coa súa intrépida cámara fixo posible porlle imaxes a todos os lemas deste curso.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 19-06-2014 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0