Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
Alumnas e alumnos de 1º ESO participaron no III CERTAME DE BANDA DESEÑADA "AXI",convocado polo IES Arcebispo Xelmírez e a Secretaría Xeral de Política Lingúística. Desexámoslles sorte e agradecémoslles a Luz a súa colaboración.
Interesante iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística e do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Carballo para celebrar os cumpreanos en galego.
Na 43 edición dos premios literarios Minerva convocados polo colexio M.Peleteiro, participa este curso a alumna de 2º BAC, Irene Rega Jul, na modalidade de poesía. Sorte!
Agradecemos a colaboración do alumnado de 4º PDC na realización do lema de febreiro. Unha especial mención a Jairo, que deu este magnífico salto a prol do galego.