;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

7º Pecado: O bet-seller do comic galego xa está na biblioteca
O comic de Dani Montero Sen Mirar Atras xa está dispoñible na biblioteca do noso centro. Con esta obra Dani gañou o Premio Castelao 2009, e con ela está tendo un recoñecemento que transcende as nosas fronteiras.

Tamén están alí os comic O fillo da furia
de Mamed Casanova e Os lobos de Moeche de Manel Cráneo, dous autores que apostan decididamente polas novas tendencias do deseño.

Finalmente, xa temos con nós os dous últimos números da revista galega de humor Retranca, a revista máis rompedora de todo o territorio español, así como o último número do comic Barsovia.

A nova fornada de deseñadores gráficos do pais amosan ao mesmo tempo que unha excelente calidade artística, un compromiso inequivoco co idioma do pais. Dende aquí, queremos invitarvos a que lles botedes unha ollada a estes comícs.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 25-11-2010 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
5º Pecado: Exito do Matarratos Darwin
O pasado venres 19 de novembro, os Departamentos de Normalización Lingüística do IES Illa de Sarón de Xove e do IES Marqués de Sargadelos remataron os actos da Semana da Ciencia en Galego cunha representación científico-teatral realizada polo grupo Peripeciencia. Uns 200 alumn@s acudirón a Casa da Cultura de San Cibrao para disfrutar da obra MATARRATOS DARWIN que pon en valor a figura e a obra de Darwin. Con esta iniciativa os devanditos departamentos quixeron sumarse a iniciativas que reivindican o valor de uso do noso idioma no campo das ciencias.

O grupo Peripeciencia está formado polo profesor da Universidade da Coruña e divulgador Xurxo Mariño (natural de Foz) e polo actor Vicente de Souza. Eles dous poñen en escena un novo formato multimedia e teatral en galego que combina humor e rigor científico e que proporciona unha visión novedosa e ao mesmo tempo irreverente das circunstancias que arrodearon a viaxe de Darwin por América do Sul.

Aí tedes unha foto do Pin-pin con María Xose...
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 23-11-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Virtude nº 5.- ¿Por que desprezamos o galego e nos odiamos tanto?
En psicoloxía sempre se busca a causa das fobias nos individuos. É necesario para poder deseñar un tratamento, que sempre será longo e difícil. O mesmo sucede coas fobias e cos traumas sociais por falta de autoestima.
O comportamento das sociedade galega que se manifesta desprezando o que lle é propio, ten a súa explicación en traumas vividos ao longo da historia. Un deles aínda recente.
Mirade con atención este vídeo que reflicte o que pasaba nas nosas escolas hai só 30 anos. Comprobade que non só se impoñen modelos lingüísticos, senón tamén de relación social para as mulleres, que deben ser submisas e realizar labores "propias do seu sexo".



Tende agora en conta que aqueles alumnos son os pais, mestres e profesores dos alumnos de hoxe.
Deste xeito poderedes entender o autoodio que temos polo noso; e o desleixo e falta de interese por defender o noso idioma, así como os comportamentos de submisión a todo o que ven de fóra e o acatamento rendido ao amos de sempre.

Podedes ver outra reflexión ao respecto neste blog

¿A alguén se lle ocorre o remedio para esta enfermidade social? -Que o diga antes de que o doente morra. Despois non haberá máis que escuridade.
Comentarios (1) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 20-11-2010 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
5º Pecado: Aquí temos o cartel-mural de A CIENCIA FALA GALEGO
Aquí tedes o cartel-mural que o equipo de As Pecadoras elaborou con motivo do Día da Ciencia en Galego. Lembrade que o vindeiro día 19 de novembro iremos, conxuntamente co IES de Xove, á Casa da Cultura de San Cibrao para ver a representación científico-teatral MATARRATOS DARWIN.
Comentarios (3) - Categoría: PECADOS - Publicado o 07-11-2010 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
Virtude nº 4
O Papa Bieito XVI falará máis catalán que galego na súa visita a España
En Compostela só será en galego unha das lecturas previas ao Evanxelio, segundo o misal papal
Comentarios (0) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 05-11-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Virtude nº 3
Educación gastará dous millóns na versión castelá de libros en galego.
Comentarios (0) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 02-11-2010 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
6º Pecado:"É un crime que nos quiten algo que nos pertence"
Nesta páxina de Galicia Conficencial podedes ver a noticia dun excelente traballo feito polo grupo das
Candongas do Quirombo e ver o vídeo onde se aprecia a verdadeira situación do galego, sobre todo nas vilas. Tamén pode servir como material de apoio nas aulas de galego en temas de sociolingüística.

A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 01-11-2010 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
5º Pecado: A CIENCIA FALA GALEGO ¡ ¡
O vindeiro día 4 de novembro celébrase en toda Galicia o Día da Ciencia en Galego. Con motivo desa celebración o IES de Xove e mais o noso organizan un acto conxunto para o día 19 dese mesmo mes na Casa da Cultura de San Cibrao. Trátase dunha representación científica-teatral arredor das teses fundamentais de Darwin, titulada Matarratos Darwin, e que poñen en escea o científico Xurxo Mariño e o actor Vicente de Souza

Esta actividade vai dirixida aos cursos do 2ºnivel da ESO, a Bacharelato e ao Ciclos Superiores que se imparten en ambolosdous centros.
Quen dixo, que a ciencia non fala galego?

Por certo quen coñece a Xurxo Mariño? Podedes comentar algo das súas actividades? Ten algunha páxina web?
CLIKA AQUÍ: MATARRATOS DARWIN
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 22-10-2010 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
4ºPecado: O LEMA DO MES DE NOVEMBRO
Xa está aquí o lema do mes de novembro. Este primeiro lema tiña que se buscar pola obra de persoeiros da nosa cultura.

Foi Iván, o voso compañeiro de 1º de Bac. quen nos fixo chegar esta aportación de Celso Emilio Ferreiro.

A pouco que a leades comprobaredes como nela se atopan os atencedendes do que se deu en chamar Movemento Bravú.

Ah¡... que non coñecedes este movemento da música galega? Ou si.. alguén pode comentar algo deste movemento musical que se empezou a producir en Galicia a mediados dos anos 90 do século pasado? Alguén coñece algún grupo músical bravú?
Comentarios (2) - Categoría: PECADOS - Publicado o 21-10-2010 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
3º Pecado: As penitencias de falar galego
Hai anos, non tantos como parece, na ditadura de Franco, moita xente veuse humillada e maltratada por defender a súa honra, por querer e sentir a súa cultura. Este é ocaso que contan neste vídeo quen viviu esas traumáticas experiencias en carne propia e allea.

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 15-10-2010 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0