;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FELICITA O NADAL NO NOSO IDIOMA
A Coordenadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística pon un ano máis á nosa disposición un apartado moi interesante para que poidamos felicitar o nadal con tarxetas electrónicas, así como outras iniciativas de interese como colantes para agasallos, refráns, o Apalpador (que tanto exito tivo no nadal pasado no noso Concello)...


Tamén a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a II Edición do Concurso de Presentacións Electrónicas para o Nada 2011. Unha moi boa iniciativa para poñer en práctica as habilidades no manexo dos programas informaticos do tratamento de imaxes.

Clica no enlaces que che proporcionamos e accederás e estes recursos, ás propostas máis interesantes do nadal pasado e as bases do concurso de Presentacións Electrónicas.

Por certo, Bo Nadal e Feliz Aninovo¡¡
ENLACE POSTAIS de NADAL
ENLACE PRESENTACIÓNS ELECTRÓNICAS de NADAL
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 23-11-2011 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
A NOSA LINGUA VIVE PORQUE AÍNDA TEMOS MOITO QUE DICIR NELA
Aquí temos o lema de novembro. Foi proposto por Elisa Rodríquez de 4º ESO, e elaborado polo Equipo de Deseño Gráfico das Pecadoras.

Castelao é unha máquina¡¡ Que temos que dicir na nosa lingua? Temos que dicir, por exemplo, que é a lingua propia de Galicia e que é un sinsetido prohibir que poidamos expresar nela coñecementos matemáticos ou físicos ou quimicos ou tecnolóxicos...

Que máis podes dicir nela?
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 18-11-2011 08:26
# Ligazón permanente a este artigo
O DEREITO A GOZAR DA CIENCIA EN GALEGO

O ano pasado entrou en vigor un novo decreto sobre o galego nos centros de ensino que limitou de feito a posibilidade de normalizar o seu uso en calquera materia do currículo, nomeadamente no ámbito científico. A partir do curso pasado, por exemplo, as matemáticas, a química ou a tecnoloxía non poderán expresarse legalmente en galego.

Por iso hoxe, dende aquí, queremos reivindicar o dereito a poder expresarnos no noso idioma en calquera das materias que se imparten nos institutos e colexios.

Se clicas no enlace que che proporcionamos poderás ver un video moi oportuno e interesante sobre esta xusta reivindicación
CLICA AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 04-11-2011 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
NAVEGA EN GALEGO

Mira as ventaxe que ten poñer o teu navegador no noso idioma. Se pos o galego como preferido, entón:

Sairanche automaticamente as webs multilingües no idioma do país.
Potenciarás as buscas na Galipedia.
Baixarás os programas multilingües en galego.
Influirás para que se creen versións en galego das webs.
Impulsarás o emprego na terra.

Se o galego é a túa lingua, fala en galego tamén na web!

Clica no enlace que che propocionamos e poderás entrar na páxina que che explica como configurar o teu navegador na nosa lingua.
NAVEGADOR EN GALEGO
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 03-11-2011 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
DEFENDER O NOSO IDIOMA É PURA ECOLOXÍA LINGÜÍSTICA

Xa está aquí o primeiro lema deste curso. Que analoxía tan acertada fixo Jhon Ruterford. Podemos estar tan preocupados pola desparición das especies que ás veces descoidamos a preocupación pola desaparición das linguas, sobre todo da máis próxima. Podemos compaxinar ambalasdúas preocupacións? Que podemos facer, por exemplo, para evitar a desaparición das baleas? E que podemos facer para preservar o galego nas xeracións futuras?

Por certo alguén nos pode dicir quen é ou a que se adica Jhon Ruterford?
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 18-10-2011 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
24ºPECADO: NOVO EXITO DO CONTACONTOS INGLÉS-GALEGO

Acaba de celebrarse unha nova edición do contacontos inglés-galego, que fixo as delicias d@s alumn@s da Eso que acudiron a esta actividade.

Un ano máis estes dous excelentes actores demostraron que calquera idioma -tamén o galego- pode servir de base para acceder ao inglés. Parabéns aos Departamentos de Inglés e Lingua por manter viva a chama que asocia o noso idioma co inglés.

No foto podedes ver un momento da representación.
Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 23-05-2011 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
23º PECADO: COMO SE PODE SER FELIZ....ESCOITANDO A CANDIDO PAZÓ

O venres día 13, arredor de 150 alumn@s dos IES Marqués de Sargadelos de San Cibrao e Illa de Sarón de Xove, acudimos a unha representación do contacontos Candido Pazó que se celebrou na Casa da Cultura de San Cibrao con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas e no marco das relacións de colaboración que os nosos institutos veñen desenvolvendo neste curso.

Cándido Pazó ofreceunos un discurso ameno, cheo de ocurrencias, divagacións, e chistes arredor da felicidade. O seu bo facer arrancau numerosas sonrisas e carcaxadas e fixo as delicias de todos os que acudimos á Casa da Cultura para velo.

Dende logo Candido Pazó e un humorista coma a copa dun pino, que recrea sitacións dun xeito moi cómico a partir da realidade galega e en galego.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 16-05-2011 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
22º PECADO: DECIDIMOS MILITAR NA NOSA LINGUA PROPIA¡¡

O lema do mes de maio non podía ser máis que de Lois Pereiro. Foron @s alumn@s de 2º de Bach de Lingua e Literatura os que se encargaron de seleccionar o lema e de deseñar o cartel que tendes ocasión de ver nos taboleiros do centro. Lois Pereiro, nun alarde de modernidade, vertebrou metaforicamente o local co universal sen renunciar ao primeiro. Ledeo e xa veredes que bonito¡¡
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 16-05-2011 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
21º PECADO: LOIS PEREIRO e as ARTES da PALABRA

Con este título tan suxerente A Escola Superior de Arte Dramático de Vigo, baixo o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüísticade, ven de contribuir a poñer en valor a figura do autor homenaxeado nas Letra Galegas 2011: Lois Pereiro. A verdade é que realizaron un traballo gráfico moi ben eleborado. Tratase de 15 carteis-murais que reflexan a vida e a obra de Lois Pereiro dun xeito moi didáctico, facil de ver e ler. A exposición está na galería do primeiro andar.
Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 16-05-2011 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
20º PECADO: AS TÉCNICAS DA FUNDICIÓN EXPLICADAS EN GALEGO

Os alumnos do IES Marqués de Sargadelos realizaron diversas actividades didácticas relacionadas coa industria do ferro e a súa importancia na historia e na economía galega. Como motivación o centro acolleu unha exposición sobre a industria do ferro no norte de Lugo e o Occidente Astrur e como actividade práctica os alumnos puideron traballar o ferro coas leccións -en galego- do ferreiro Telmo Cao Farre, orixinario de San Cibrao. Esta actividade foi posible gracias á colaboración de MariñaPatrimonio e a Deputación de Lugo.



Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 16-05-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0