;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O décimo disco de Zënzar fala da "necesidade dunha revolta"
Zënzar, unha das bandas máis veteranas do rock en galego, presenta o seu novo traballo "Vaise Armar" o 5 de maio de 2012 na Sala Josfer, en Mesón do Vento. Unha auténtica festa musical da comarca con Sterko, Familia Caamagno e Mou, dos Dios ke te Crew, de pinchadiscos (DKTC).

Zënzar define "Vaise Armar" como "un traballo con letras que falan da corrupción, do estado do malestar e da necesidade dunha revolta social". No disco colaboran Pablo da Lama (frauta e gaita), X M Ares (gaita), Loli Nogueira (voz), Vituco Ruxe (voz) Mario Túzaro-Invivo (voz) e moitos máis.

Zënzar naceu en 1987 e ten na rúa nove traballos, o último un DVD ao vivo. A banda está formada por Xosé Bocixa, Mario Grela, Paco Cerdeira, X. A. Tabeaio e Manolo García.
CLICA AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 23-03-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
TRES ALUMNAS DO NOSO INSTI NO CONCURSO DA COCA COLA

O derradeiro día 16 celebrouse no IES Vilar Ponte de Viveiro o "Concurso de Relato Cutro" en galego no que participaron as alumnas de 2ª de ESO: Nerea Fernández iglesias, Aida Limeres Pillado e Carolina García Abad.

O estímulo que recibiron para a redacción foi a "Historia persoal e deportiva de Javier Gómez Noya" o atleta ferrolán de triatlón; e ó longo de dúas horas os participantes poideron inventar unha historia relacionada co atleta.

Agora estamos a agardar os resultados do concurso pois temos moitas esperanzas en que algunha das nosas participantes acade algún premio.
Noraboa por participar¡¡
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 21-03-2012 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO RELATO CURTO COCA-COLA
Xa está aquí a 4ª Edición do Concurso de Relatos Curtos en Galego que convoca a Coca-Cola, a empresa máis importante a nivel mundial de bebidas gasesosas.

O concurso a nivel comarcal celebrarase o venres 16 de marzo ás 17,30h. no IES Vilar Ponte de Viveiro

Como sabedes do ano pasado, a Coca Cola outorga aos concursantes importantes premios, que van dende viaxes ao extranxeiro ata material audiovisual.

Animádevos a concursar¡¡
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 08-03-2012 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
ENRIQUE MONTEAGUDO INGRESA NA R.A.G.
O socio-lingüista Enrique Monteagudo acaba de ingrasar na Real Academia Galega cun discurso onde, entre outras teses, denuncia a falacia e a manipulación que supón soster que o galego é unha imposición...podes ler máis no seguinte enlace.
CLICA AQUÍ
Comentarios (2) - Categoría: PECADOS - Publicado o 02-03-2012 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Revista O Cartafol para ipad
Acaba de sair a primeira revista multimedia en galego para ipad ou kindle tabletas. Unha iniciativa moi interesante, que dende aquí queremos saudar, para manexarnos no mundo das novas tecnoloxías usando o noso idioma.
Parabéns¡¡

CLICA AQUÍ PARA DESCARGAR A REVISTA
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 02-03-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
...LINGUA COA QUE SON

Xa está aquí o lema dos meses de xaneiro-febreiro: un lema existencialista na liña de Shakespeare (ser ou non ser) que entresacamos dun poema de Daniel Martínez Mariña. Daniel é un xove santiagués que o ano pasado cursou 2º de Bach. e gañou o premio Minerva de poesía.
El é a mostra de que o auténtico é o propio, e de que como dicía Reixa máis vale ser que parecer. Tamén cando se é xove.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 08-02-2012 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
O VALEDOR DO POBO PIDE A RETIRADA DUN LIBRO DE TEXTO QUE RECOÑECE O GALEGO COMO LINGUA PROPIA
Áqui temos a mellor das virtudes deste ano¡¡

Nada máis nin nada menos que o VALEDOR DO POBO (GALEGO) pide a retirada dun libro de texto de Coñecemento do Medio que recoñece ao galego como lingua propia de Galicia.

Sabedes cal é a lingua propia de China? E a de Alemania? E a de Inglaterra?... Pois coidado con facerlle estas preguntas ao noso afamado Valedor, non vai a ser que coa súa lucidez xurídica poña en tela de xuizo cousas tan evidentes.

Todo un virtuoso. Un aplauso para o noso Valedor¡¡
Comentarios (1) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 20-12-2011 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA SABE A PAN
A tradición dinos que en Cea (Ourense) elabórase un pan dos mellores do país.

O que si é certo é que o alumnado e mais o profesorado do CIP de Cea quérenlle tanto ao seu pan como á súa lingua.

Seguro que todas e todos podemos aprender moito desta grata iniciativa

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 13-12-2011 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
OS RESENTIDOS e SINIESTRO TOTAL
Interante entrevista publicada hoxe en El Pais a dous lideres musicais (Os Resentidos e Siniestro Total) e por extensión da cultura galega contemporanea.
ENTREVISTA
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-12-2011 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
POLA TELEVISIÓN PÚBLICA GALEGA
Interesantes reflexións de Carlos Blanco sobre a necesidade dunha TVG pública e sobre a súa utilidade para a supervivencia do galego

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 23-11-2011 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0