;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSO RECEITAS ENTROIDO

Neste mes de febreiro os alumnos de 2º do Ciclo de Química Industrial, convocaron un certame de receitas do Entroido no que poderá participar todo o centro. Dende Dinamización colaboramos para que cada participante achegue a súa receita escrita en galego.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 15-02-2013 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
LEMA XANEIRO 2013

Para que a lingua estea viva de verdade, cómpre que tamén estea presente na empresa, no mundo do Dereito,etc.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 10-02-2013 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
TUMBA E DÁLLE
O pasado 21 de decembro na casa da Cultura de San Cibrao as alumnas e os alumnos do centro gozaron da música de Tumba e Dálle. Bailaron, tocaron instrumentos e atenderon ás interesantes explicacións que deron os compoñentes do grupo sobre a evolución da música popular.


Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 10-02-2013 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
AS PECADORAS REALIZANDO O LEMA DE XANEIRO
velaí As Pecadoras no seu obradoiro elaborando o lema do mes de xaneiro.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 24-01-2013 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Unha ferrolá contrariada porque na Radio Galega se emprega a lingua galega.
A muller ten razón, a quen se lle ocorre empregar a lingua galega na Radio Galega.Non sei onde imos parar.








Comentarios (0) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 22-01-2013 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
LEMA DECEMBRO: A NOSA LINGUA, O NOSO MELLOR AGASALLO

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 14-12-2012 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
12-12-12
LENDOACELSOEMILIO


Na biblioteca do centro o alumnado de 1ºBac, PDC e máis do ciclo de Química Industrial,participaron no acto de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, con motivo do centenario do seu nacemento. Ademais da lectura do poema Deitado frente ao mar, léronse outros poemas do autor e proxectouse o videopoema Irmau.
Velaí as imaxes da actividade:














Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 14-12-2012 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
SÉS EN CONCERTO
Na Casa da Cultura de San Cibrao o alumnado da ESO do noso centro, xunto co alumnado do IES Illa de Sarón, vibrou na tarde do 26 de novembro coa voz e a música poderosas de Mª Xosé Silvar, Sés, unha cantautora coruñesa que nos engaiolou coas súas letras, en galego e con mensaxe.
A súa actitude independente e enérxica enriba do escenario non deixou a ninguén indiferente.


Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 06-12-2012 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
A xustiza abala ao100% ao noso conselleiro.
O TSXG acaba de encumbrar ao noso afamado maestro e aos seus mulilleros ás máis altas esferas da virtude. Sentencia o TSXG que Jesús Vazquéz, nunha impresionante faena expresada con moito empeño no decreto do Plurilingüísmo, lle pega uns marabillosos pases e dúas estocadas case de morte á Lei de Normalización Lingüística.

Ao sair do coso Jesús Vázquez declarou exultante: ?Pero é que o contido aválase ao 100 % polo TSXG? . Ole¡¡ ¡ Máis adiante cando o entrevistador lle pregunta se considera que perderon os que recorreron o decreto, nun impresionante derechazo de capote, responde: ?pero é o que declara a sentencia, non o digo eu?. Ole de novo¡¡ Que desplante diante do toro¡¡

O entrevistador nun momento de atrevemento (a quen se lle ocorre) ousa dicirlle que ?xa se piden -por parte dos recurrentes- dimisións?, ao que responde Jesús Vázquez -ainda en traxe de luces-: ?eles mesmos contestarán en que tipo de institucións pode haber dimisións ou ceses?. Eso, eso...muy bien maestro¡¡ Que dimitan o presidente da Mesa pola Normalización, o máximo responsable da organización Queremos Galego e ese cara dura del sindicato nacionalista...e como non, que dimitan xa dunha vez @s alumn@s de falar el gallego. Que arte mi madriña¡¡ A seguir toreando maestro, que es lo tuyo.
Entrevista en La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 27-11-2012 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO A CELSO EMILIO FERREIRO
Con motivo do centenario de Celso Emilio son moitas as homenaxes que se veñen celebrando por todo o país. Velaí tedes unha mostra no instituto da Fonsagrada.



Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 22-11-2012 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0