;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARTICIPACION CERTAME MINERVA

Carolina e Paula (3º ESO). As dúas participaron no certame literario Minerva convocado polo colexio Peleteiro de Santiago de Compostela. Nesta ocasión non houbo premio, pero queremos agradecerlles a súa colaboración e animalas para que o sigan intentando.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-05-2013 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
POEMA PARA O GALEGO DE CAROLINA
POEMA

Galego, galego,
ti es a miña lingua nai,
aprendin a falarte,
grazas a meus pais.

Sempre me acompañaches,
dende o inicio da miña vida,
aprendendo palabras novas,
como bolboreta ou xoaniña.

Que hei de dicir, meu galego,
se deixaras de existir,
diría que agora,
hai un oco dentro de min.

Por iso galego, nós gritaremos con forza,
dende Ribadeo ata A Guarda,
onde todos nos escoitan,
que ti es o lume que ilumina moitas almas,
almas galegas, onde queiran que vaian.

Porque para min, ti galego,
es moito máis cunha simple lingua,
para min es un sentimento,
que con orgullo sinto no meu peito.

Cando te falo, sinto liberdade,
unha liberdade como a das aves,
limpa e honorable.

Despois de todo isto, direi,
que namorada do galego estou,
porque, por moito que fale castelán,
contigo sempre vou.

Porque ti es a miña lingua,
unha lingua de honor.

Carolina García Abad
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-05-2013 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN DIA DO LIBRO

Coincidindo co Día do Libro,dende Dinamización colaboramos coa biblioteca do centro realizando o cartel "A historia dos libros" (idea orixinal A Nosa Terra- 2010)
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 01-05-2013 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
LEMA ABRIL

Para este mes primaveral elaboramos un lema cunha árbore vigorosa, símbolo e metáfora visual da nosa lingua.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 05-04-2013 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN MULLERES NA ACADEMIA

Coincidindo co Día Internacional da Muller e a elección de Fina Casalderrey como membro da RAG, o Equipo de Dinamización e o da Biblioteca organizamos unha pequena exposición sobre as mulleres galegas que forman parte desta institución.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 05-04-2013 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
LEMA MARZO

Velaí o lema de marzo. Nesta ocasión a reivindicación da lingua galega faise no marco da celebración do Día da Muller.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 01-04-2013 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
XURXO MARIÑO

Xurxo Mariño, o divulgador científico da Mariña, achegounos o seu novo espectáculo "Protón".
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 01-04-2013 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
EXPOSICIÓN HOMENAXE A ROSALÍA

Con esta pequena exposición completamos a conmemoración que, dende Dinamización e a Biblioteca do centro, quixemos facer do 150 aniversario de Cantares gallegos e o Día de Rosalía (24 de febreiro).
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-02-2013 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
LEMA FEBREIRO 2013

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-02-2013 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
LEMA FEBREIRO

Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 27-02-2013 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0