;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I CONCURSO COCIÑA CREATIVA DE NADAL
No concurso organizado polo alumnado do ciclo de Química Industrial houbo unha suculenta exposición de inxeniosos pratos con espirito navideño. A maioría eran doces e unha pequena mostra é a árbore biscoito da imaxe.


Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-12-2013 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
O LIBRO DOS REIS MAGOS
A Rede de Dinamización Lingüística preparou este libro de fermosos discursos redactados por 25 escritoras. Discursos nos que a presenza da nosa lingua ten un papel protagonista e as ilustracións son unha verdadeira ledicia.
Preme aquí Libro dos Reis Magos e aproveita este fermoso agasallo.
Comentarios (1) - Categoría: PECADOS - Publicado o 28-12-2013 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
FELICES E DINAMIZADORAS FESTAS DE NADAL

Xa están aquí as vacacións de Nadal. Dende o Equipo de Dinamización Lingüística queremos aproveitar para desexarvos a todas e a todos unhas felices e dinamizadoras festas de Nadal.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 17-12-2013 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Coincidindo co Día Internacional contra a violencia de xénero, As Pecadoras quixeron sumarse o 25 de novembro ás numerosas accións que se desenvolveron en moitos puntos do noso país en contra da violencia machista.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 17-12-2013 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Día Mundial da Filosofía

O pasado 21 de novembro o Departamento de Filosofía, o Servizo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística celebraron o Día Mundial da Filosofía na biblioteca do centro. @s alumn@s de Ética de 4º ESO elaboraron un expositor de libros de filosofía coa súa correspondente reseña e que incluía edicións en galego; ao mesmo tempo,os @s alumn@s de 1º de Bach. realizaron un mural conmemorativo do evento. O Departamento de Filosofía desenvolveu este día a súa actividade docente na propia biblioteca para resaltar a importancia de manter a carga horaria das materias de Filosofía, Ética e Educación para a Cidadanía no curriculo do ensino medio.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 25-11-2013 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO NO SAMAÍN


Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-11-2013 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
NA LINGUA QUE EU FALO



O libro-disco editado por Galaxia,e que xa temos na biblioteca, ofrécenos unha belísima reinterpretación de poemas rosalianos,na voz da cantora galega de ascendencia palestina, Najla Shami. Velaquí unha pequena mostra.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-11-2013 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
ALBA E HENAR, DÚAS LEONESAS QUE REIVINDICAN O GALEGO
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 09-11-2013 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
AS PECADORAS
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 27-10-2013 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
LEMAS: O GALEGO TEN CIENCIA

Iniciamos os lemas deste curso e nesta ocasión facémolo aproveitando a celebración do Día da Ciencia en Galego. O alumnado do 1º ciclo de Química Industrial protagonizan este primeiro lema e a súa profe, Rocío, retratounos así de ben. Agradecémoslles a súa colaboración.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 27-10-2013 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0