Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
Aquí tedes o vídeo máis esperado¡¡ Por fin a obra mestra das Pecadoras. Un vídeo real coma a vida mesma. Un vídeo onde poderás comprobar a lamentable situación na que se atopa o idioma propio de Galicia: o castelán. Un idioma que a día de hoxe só se fala nas aldeas máis remotas do pais, coma Cervo. Tamén poderás observar algúns dos imponentes motivos do por qué do prestixio e do imparable avance do idioma alleo -o galego- nas vilas e cidades do noso pais.
Agora tócache a ti decidir. Podes facelo no apartado de comentarios e para cada un dos vídeos da sección e ti que opinas? Estamos diante dunha virtude, dun pecado? Por que?
Este vídeo, podes velo tamén na páxina web do Correlinguas. Alí, tirando da retranca do pais, animamos o concurso que por primeira vez convocaron na modalidade de vídeo.
Un moi bo video, ainda que no #blgtk08#gañamos o concurso...
Comentario por Sabela (30-04-2011 15:58)
2
Que lle queres, non ente#blgtk08#nden o mundo ó revés U_U
Comentario por Víctor (30-04-2011 23:11)
3
Cómo le comen el tarro a los chavales y les lavan el cerebro, qué poco nivel en la enseñanza pública, donde enseñan política en lugar de valores. Qué resentidos#blgtk08#!!!
Quieren respeto a cambio de insultos.
Si quieres que te respeten, primero hazlo tú. Flaco favor hacéis al idioma gallego con videos como este.
moi bo video. Uno de tantos flaco favor fanlle ao castelán os fachas e nazis que queren impoñer este idioma, e non por iso deixades de falalo non?. So bos interesa mesturar churras con merinas can#blgtk08#do vos interesa. O galego non entende ´de política, e todo o mundo, teña inquedanzas políticas ou non debería de falar galego. Isto non exclue falar castelán,português,inglés etc etc.Moi bo video.