Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática. |
|
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo! |
|

|
contactar |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
15º Pecado: OBRADOIRO DE COMIC EN GALEGO |
|
 Antes do nadal dábamos conta das novas editoriais en relación co cómic en galego, algunhas delas auténticos bet-seller que triunfan fora das nosas fronteiras. Pois ben, a semana pasada, para completar esta iniciativa do fomento do cómic en galego, levouse a cabo un obradoiro no IES ILLA DE SARÓN de Xove, no que participaron conxuntamente alumnas e alumnos dese instituto e máis do noso.
O obradoiro estaba organizado polos departamentos de Debuxo e de Normalización Lingüística de ambolos dous centros. O ILLA de SARÓN e o MARQUÉS de SARGADELOS veñen colarando asiduamente este curso na elaboración de proxectos conxuntos.
Alí o alumnado participante aprendeu, da man de Abrahan Camino, técnicas básicas para mellorar a expresividade do debuxo, para crear un personaxe, para elaborar os tipos de bocadillos que existen e cando se utilizan,para crear os diferentes puntos de vista ( picado, contrapicado e frontal), para introducir os tipos de planos (primeiro plano, plano medio e plano enteiro), as onomatopeias, e os tipos de entintado para pasar o debuxo a limpo (tramas, sombras planas). En definitiva, todo un abano de trucos que serviu para coñecer mellor o traballo de creador de cómic e para darse de conta como a creatividade non está reñida co uso do galego, pois os nosos creadores máis celebrados publican no noso idioma.
Na foto podedes ver un momento do desenvolvemento do obradoiro
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|