;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

11º Pecado: O APALPADOR CHEGA POR 1ª VEZ A SAN CIBRAO
O Grupo de Acción Directa de As Pecadoras repartiron este mércores, dia 15 de decembro, as pegatinas do Apalpador entre os comerciantes de San Cibrao, que por primeira vez chega a nosa comarca.

O Apalpador é unha figura mitolóxica galega que agarima e agasalla @s nen@s polo nadal. Con este iniciativa queremos achegar esta figura á cidadanía, especialmente @s nen@s; e tamén fomentar entre o comercio local o uso de pegatinas en galego para felicitar o nadal.

Para facer posible na comarca esta iniciativa colaboraron os Equipos de Normalización dos IES de Foz, de Ribadeo, O Perdouro, O Illa de Sarón e mailo no noso. E para chegar aos comerciantes da nosa vila foi determinante o patrocinio da Asociación de Comerciantes de San Cibrao.

Na foto podedes ver ao Grupo de Acción Directa de As Pecadoras entregando as pegatinas a Anabel, a Presidenta da Asociación de Comerciantes, a quen dende aquí lle queremos agradecer a súa colaboración.
Comentarios (3) - Categoría: PECADOS - Publicado o 16-12-2010 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Parabéns! A idea de recuperar o personaxe do apalpador paréceme moi interesante, non só pola recuperación dunha tradici#blgtk08#ón do Nadal, senón tamén porque moitos de nós nin oiramos falar nunca deste persoeiro.
Seguide así "Pecador@s"!!
Comentario por luz (16-12-2010 20:42)
2 Parabéns! A idea de recuperar o personaxe do apalpador paréceme moi interesante, non só pola recuperación dunha tradici#blgtk08#ón do Nadal, senón tamén porque moitos de nós nin oiramos falar nunca deste persoeiro.
Seguide así "Pecador@s"!!
Comentario por luz (16-12-2010 20:42)
3 Parabéns! A idea de recuperar o personaxe do apalpador paréceme moi interesante, non só pola recuperación dunha tradici#blgtk08#ón do Nadal, senón tamén porque moitos de nós nin oiramos falar nunca deste persoeiro.
Seguide así "Pecador@s"!!
Comentario por luz (16-12-2010 20:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0