;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Virtude nº 5.- ¿Por que desprezamos o galego e nos odiamos tanto?
En psicoloxía sempre se busca a causa das fobias nos individuos. É necesario para poder deseñar un tratamento, que sempre será longo e difícil. O mesmo sucede coas fobias e cos traumas sociais por falta de autoestima.
O comportamento das sociedade galega que se manifesta desprezando o que lle é propio, ten a súa explicación en traumas vividos ao longo da historia. Un deles aínda recente.
Mirade con atención este vídeo que reflicte o que pasaba nas nosas escolas hai só 30 anos. Comprobade que non só se impoñen modelos lingüísticos, senón tamén de relación social para as mulleres, que deben ser submisas e realizar labores "propias do seu sexo".



Tende agora en conta que aqueles alumnos son os pais, mestres e profesores dos alumnos de hoxe.
Deste xeito poderedes entender o autoodio que temos polo noso; e o desleixo e falta de interese por defender o noso idioma, así como os comportamentos de submisión a todo o que ven de fóra e o acatamento rendido ao amos de sempre.

Podedes ver outra reflexión ao respecto neste blog

¿A alguén se lle ocorre o remedio para esta enfermidade social? -Que o diga antes de que o doente morra. Despois non haberá máis que escuridade.
Comentarios (1) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 20-11-2010 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Quedéime sen palabras...
Este vídeo transportoume a miña nenez nun intre.Daquela non había idioma para escoller na escola.O castelán era o que tiñamos nos libros,na prensa...Pero os nenos/as da aldea non esqueciamos o galego. A escola era só un paréntese e a min tamén me gostaba aprender en castelán por se algún día viaxaba máis aló das fronteiras de Galiza.
A receita para que esto non volva a suceder? V#blgtk08#alorar o noso sen desprezar o alleo? Tratar a nosa língua ao mesmo nivel que calquera outra do mundo? Entender dunha vez que cantos máis idiomas falemos máis vieiros culturais teremos abertos?
De momento non se me ocorren outras ideas.Deixo para outro día o comentario sobre a pesada carga que tiñan que soportar as mulleres nesa época.De todos os xeitos nas aldeas isto segue a ser moi semellante, non vos parece?
Comentario por luz (16-12-2010 21:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal