;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CARTA PARA O GALEGO DE PAULA

Querido Galego:

Recordo aquela marabillosa época, durante a miña infancia, na que sempre estiveches presente. Estabas aí polas mañás ao espertar, durante todo o día estabas na casa e na escola, na rúa cando xogabamos ás batallas, no campo cando axudaba a mamá a recoller as patacas, na fraga cando íamos bañarnos no río, e tamén polos estreitos camiños que levaban á fonte, cando eu máis o meu irmán íamos buscar auga; e aí estabas tamén cando o ceo escurecía. Pero separáronme de ti.
Os tempos cambiaron, o tempo pasou, e o tempo cambiou á xente.

Non te atopaba por ningures.
Pola casa non volviches, encabuxácheste con mamá e papá, xa non te querían coma antes. Eu non o comprendía, non entendía como eran capaces de olvidar a quen te acompañou toda a vida. Dicíase que eras unha mala compaña, os que andaban contigo eran bobos, bastos e analfabetos. Non me podían ver canda a ti se non miraríanme con mala cara, como miraban ás persoas coas que estabas.
O meu mestre, que tanto cariño che tiña, o ben que falaba de ti durante as clases! Incluso el che deu as costas. Na escola tampouco te atopaba.
Castelán foi o teu substituto nas nosas vidas, agora era el polas mañás, tardes e noites.
Cada vez estabas máis lonxe, ata desaparecer, máis nunca puiden esquecerte.

Poucos anos despois descubrín que non todos te deran por perdido. Algúns valentes loitaron, e grazas a eles recuperámoste. Se eu puidera loitar canda eles, faríao, máis as circunstancias non foron as axeitadas.
Aínda que regresaches, non fuches ben recibido por todos. Hoxe en día, aínda algúns non confían en ti, e mesmo agora non entendo como foi tan fácil perderte e tan difícil volverte a aceptar.

Agora xa son vello. Pronto terei que despedirme da vida, mais mentres poida sei que, pensen o que pensen e digan o que digan, non te volverei deixar ir.



Unha forte aperta.

Paula Rodríguez Rey
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 10-05-2013 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0