;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A xustiza abala ao100% ao noso conselleiro.
O TSXG acaba de encumbrar ao noso afamado maestro e aos seus mulilleros ás máis altas esferas da virtude. Sentencia o TSXG que Jesús Vazquéz, nunha impresionante faena expresada con moito empeño no decreto do Plurilingüísmo, lle pega uns marabillosos pases e dúas estocadas case de morte á Lei de Normalización Lingüística.

Ao sair do coso Jesús Vázquez declarou exultante: ?Pero é que o contido aválase ao 100 % polo TSXG? . Ole¡¡ ¡ Máis adiante cando o entrevistador lle pregunta se considera que perderon os que recorreron o decreto, nun impresionante derechazo de capote, responde: ?pero é o que declara a sentencia, non o digo eu?. Ole de novo¡¡ Que desplante diante do toro¡¡

O entrevistador nun momento de atrevemento (a quen se lle ocorre) ousa dicirlle que ?xa se piden -por parte dos recurrentes- dimisións?, ao que responde Jesús Vázquez -ainda en traxe de luces-: ?eles mesmos contestarán en que tipo de institucións pode haber dimisións ou ceses?. Eso, eso...muy bien maestro¡¡ Que dimitan o presidente da Mesa pola Normalización, o máximo responsable da organización Queremos Galego e ese cara dura del sindicato nacionalista...e como non, que dimitan xa dunha vez @s alumn@s de falar el gallego. Que arte mi madriña¡¡ A seguir toreando maestro, que es lo tuyo.
Entrevista en La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: VIRTUDES - Publicado o 27-11-2012 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0