;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ITALIA: UNHA MARAVILLOSA SEMANA QUE NON ESQUECEROMOS¡¡

Algunhas alumnas de primeiro de bacharelato (en concreto sete rapazas: Alba, Lucila, Cristina, Alicia, Montse, Yanira e eu, Rebeca) fixemos unha viaxe a Salerno (Italia) que durou sete días (dende o 22 de xaneiro ata o 29). Acompañounos a nosa mestra de latín e grego, Flor, que foi quen organizou a viaxe. Ademais, foron connosco algúns alumnos do IES Enrique Murais da Pontenova e a súa mestra, Enedina.
A viaxe foi unha experiencia moi positiva: grazas a ela poidemos ampliar os nosos coñecementos, visitar moitos dos lugares que estamos estudando nas clases, coñecer xente nova, aprender algo de italiano, viaxar en avión, ver o ritmo de vida que levan as grandes cidades?
O primeiro día visitamos Pompeia, unha cidade da Antiga Roma que, xunto con outros lugares como Herculano, foi enterrada pola violenta erupción dun volcán, o Vesubio, no ano 79 d.C. Foi moi interesante imaxinar como era a vida diaria dos romanos, ver a estrutura das súas casas na realidade, e non en fotos, camiñar polas mesmas rúas que eles construíron hai tanto tempo e admirar o bo estado en que se conserva todo. Entre os restos arqueolóxicos da cidade que visitamos destacan o anfiteatro, a palestra, as domus romanas, a Vila dos Misterios, o foro, as termas, o teatro e o lupanar.
Outros sitios que visitamos foron dúas comunas da Costa Amalfitana: Amalfi e Positano. Todos os municipios que integran esta costa foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1997. Ámbolos dous lugares son moi fermosos. Os habitantes aproveitaron os cantís e as formas do relevo para construír alí as súas casas. Non existen rúas convencionais no seu interior, senón estreitas canellas, a miúdo formadas por escaleiras. A estreita estrada pola que se accede aos diferentes lugares da costa contribúe ao encanto deste lugar. En Amalfi destaca a catedral, de estilo árabe-siciliano. Foi comezada no século XI. Un produto típico da rexión de Campania é o Limoncello, un licor elaborado en particular cos limóns cultivados na Costa Amalfitana.
Ademais, tamén visitamos a cidade de Salerno (a parte antiga e a moderna), Nápoles e Paestum.
Salerno é coñecida pola Escola Médica Salernitana, que foi a primeira e a máis importante institución médica da Europa medieval, considerada a nai das universidades modernas. Destacan a súa catedral e o paseo marítimo, coñecido como Lungomare Trieste ou Paseo de Salerno. O hotel no que nos hospedamos (Hotel Olimpico) atópase nas aforas desta cidade.
Paestum é o nome romano clásico dunha importante cidade greco-romana. Foi fundada polos gregos de Síbaris co nome de Poseidonia. Entre os seus restos máis importantes destacan as murallas que a rodean e tres importantes templos de estilo dórico, considerados os templos mellor conservados da Grecia Clásica. O máis impresionante dos tres é o templo de Poseidon, no que se poden apreciar moi ben as súas partes: (columnata, arquitrabe, friso, frontón?). Na parte central do complexo arqueolóxico quedan restos do foro romano, que se construíu no lugar precedente á ágora grega. Tamén se poden ver nesta antiga cidade restos das casas e restos doutros edificios, como o anfiteatro, o Bouleuterion, o Ekklesiasterion de época grega? No Museo Arqueolóxico Nacional de Paestum está todo o que se atopou na antiga cidade: capiteis dóricos, obras de arte arcaicas, obxectos do Paleolítico, do Neolítico e da Idade dos metais, frescos que decoraban os teitos das tumbas?
A outra cidade que visitamos foi Nápoles, que é a máis poboada do sur de Italia e a capital da rexión de Campania.Vimos o Castel Nuovo (coñecido popularmente como Maschio Angioino), o Castel dell?Ovo, a basílica de San Francisco de Paula, a fachada da Catedral de Nápoles, a galería comercial de Nápoles, coñecida como Galería de Humberto I, etc. Ademais, camiñamos polas rúas, que estaban cheas de postos, tendas, xente e persoas que cantaban e tocaban instrumentos. Visitamos o Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles, constituído por catro núcleos fundamentais: A colección Farnesia (composta por obxectos que proveñen de Roma e dos seus arredores), as coleccións pompeianas (con testimonios procedentes de Pompeia, Herculano, Estabia e outros antigos recintos arqueolóxicos da área do Vesubio), outros obxectos pertencentes a coleccións menores (adquiridas ou donadas ao museo) e obxectos procedentes de escavacións levadas a cabo pola Dirección Xeral de Arqueoloxía de Nápoles e Caserta (da que depende o museo).
Finalmente, o domingo 29 regresamos a España. A todas nos apetecía quedarnos unha semana máis. Xa estábamos acostumadas á vida en Italia e gustaríanos seguir visitando máis lugares e seguir de compras. Durante os sete días da viaxe pasámolo moi ben, pero sabíamos que tíñamos que regresar, pois as nosas familias estaríannos agardando no aeoroporto de A Coruña ás 22:35. Mentres viaxábamos despedímonos de Italia e recordamos todos os momentos que disfrutamos durante a semana, unha marabillosa semana que non esqueceremos.
Rebeca Villapol Baltar.1º BAC.
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 15-06-2012 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0