Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática. |
|
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo! |
|

|
contactar |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ANDORRA: UNHA GRANDE EXCURSIÓN¡¡ |
|
 O sábado, día 21 de xaneiro, ás nove e media da noite, a parada de autobús de San Cibrao xa estaba ateigada de xente. E non era para menos, pois en pouco máis de quince minutos tería lugar a esperada saída cara a Andorra. Era, sen dúbida, un dos momentos máis esperados por todos nós, e non era para menos, pois a excursión prometía. Unha semana de esquí, amigos e moitos risos. Definitivamente, todo aquela noite pintaba ben.
Pero a viaxe é longa e, a pesar de intentar durmir, cando chegamos á cidade a iso da unha da tarde, xa todos estabamos cansos. E este cansazo foi a máis cando, despois de pasear polas rúas en busca dun lugar para xantar ?no meu caso, e no dalgunhas máis, unhas pizzas-, tivemos que ir alugar todo o material necesario para acceder ás pistas á mañá seguinte. Por suposto, a excitación puido máis que a noite sen apenas pegar ollo e, despois de colocar apresuradamente a roupa na habitación, xuntámonos para xogar ao SingStar, cear, volver a cantar? e volver a pasar unha noite de risos e poucas horas de sono.
Isto non cambiou o feito de que ás dez da mañá do día seguinte comezase o curso de esquí, de tres horas de duración, e que se repetiu durante toda a semana. Cos grupos xa feitos, dedicamos o resto da xornada a percorrer as pistas, entre caídas graciosas e baixadas sen incidentes. Era luns e, como estaba previsto, visitamos tamén o famosísimo balneario de Caldea, co seu jacuzzi ao aire libre e coas luces de infravermellos, que na opinión de todos, eran unha perda de tempo.
A rutina foi parecida o resto da excursión, aínda que, loxicamente, a visita a Caldea cambiouse por paseos por Andorra a Vella que todos aproveitamos para mercar agasallos e, porque non dicilo, algún que outro capricho.
Todos sabiamos que as cousas boas acaban, pero iso non cambiou o feito de que o venres, á hora de partir, vendo o hotel ao que moitos quizais non volveriamos, non puidemos evitar sentir como a tristeza nos inundaba. E nin as risas que se escoitaron durante toda a viaxe non o sono profundo doutros momentos serviron de anestesia para a sensación de baleiro a volver a ver esa parada de autobús da que partimos había unha semana co desexo dunha gran excursión que foi moito mellor do que podiamos soñar.
Rosalia Gil. 1ºBach |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|