Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática. |
|
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo! |
|

|
contactar |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O GALEGO SERVE: PORTUGAL ESTÁ AÍ AO LADIÑO¡¡ |
|
 Se quero traballar en Londres...pois o inglés.
Se quero traballar en Berlín...a aprender alemán.
Se quero traballar en Barcelona, pídenme o catalán...terei que aprender catalán.
Se quero traballar en París...terei que aprender francés.
Pois nada, mais facil en Madrid: sérveme o castellano.
E se quero traballar en Porto... ou en Lisboa?
Sérveme o Galego¡¡
Na viaxe que acabamos de facer a Porto, puiden desenvolverme sen problemas de comprensión, nin de expresión. Usei o galego é todo o mundo me entendía...escoitaba o portugués e non tiña dificultades de comprensión¡¡ Que sorpresa¡
Tamén observei como Porto é unha cidade europea moi dinámica e aberta, que me pode ofrecer perspectivas de futuro que eu descoñecía...e que está aí ao ladiño¡¡
Por outra parte descubrín dúas cidades espectaculares: unha patrimonio da Humanidade (Porto) e outra Cidade Cultural Europea (Guimaraes).
Clica abaixo para ver fotos.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|