;D


Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!

contactar
normaliza.iesms@gmail.com
 CATEGORÍAS
 PECADORAS HISTÓRICAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FOLIADA DAS LETRAS GALEGAS

?Todo é posible en galego?, así abriron esta Foliada das Letras Laura e Elisa. Nas súas tarxetas de presentación podíase ler: Lingua aqui, lingua aí. E se continuamos... maquillate, maquillate nun espello de cristal e mirate e mirate...Mecano en galego, si¡¡

Elisa e Laura conduciron a foliada con moito aplomo e gracia e cunha maestría digna das mellores galas e festivais

Abriu o festival o Real Grupo de Gaitas do IES Marqués de Sargadelos nas figuras de Laura e Enrique ás gaitas, o papá de Laura -Bossa- ao tamboril e Marco ao bombo. Eles tocaron o Rumbaton cunha excelente execución.

A continuación chegou o momento da palabra. ?Como un irmán che falo..." empezou a recitar Emilio, dun xeito sentido e acompañado maxistralmente por Matilde ao piano, un dos poemas máis sonados de Celso Emilio Ferreiro. Despois alumn@s de diferentes cursos recitaron, con moita desenvoltura, varios poemas que serviron para celebrar o centenario do nacemento deste poeta galego universal.


De novo o Real Grupo de Gaitas do IES Marqués de Sargadelos esta vez case ao completo ( Alicia, Marco, Lucila e Enrique ás gaitas, e Laura, Bossa, Raquel e Pinto á percusión interpretaron dúas pezas tradicionais da música galega moi coñecidas de todos: a Muiñeira de Lugo e Baila Vella
O entusiasmo con que o público acolleu a presentación do Real Grupo de Gaitas do noso insti, foi a evidencia de que o tradicional gusta e de que é unha peza imprescindible para construir a modernidade e o futuro, como así veñen demostrando Budiño, Cristina Pato, Carlos Nuñez...

Que furor: O GaleoKe¡¡ Baixo a dirección técnica de Bruno Pico -o noso técnico de son- asistimos a unha sesión espectacular do galeoke. En 1º lugar, os tenores Xenxo, Adrán e Alexandre coas súas voces anxelicais fixeron maravillas co fai un sol de carallo de Reixa: pasaban do horribel ao excelente (e viceversa) en moi poucas notas... facendo as delicias e o furor do pública asistente. Foi o momento máis divertido da foliada¡¡


En 2º lugar un coro improvisado saido do público cantou con moita alegría o éxito internacional de Michel Telo, ai se eu te pego. Foi un momento desbordante de ledicia pois prendeu en todos os espectadores as gañas de cantar esta peza en portugués, idioma irmán do galego ao que se lle augura un futuro ascendente pola proxección internacional do Brasil.

E chegou o momento máis emotivo da foliada: Marco e Matilde, Matilde e Marco interpretando o adios rios, adios fontes -con letra de Rosalia de Castro e música de Amancio Prada- cun sentimento que consiguiu que todos comezasemos a ver co corazón... e cando se ve co corazón o mundo faise maís ancho. Foi a metáfora de Galicia.

Ai o baile¡ Que ten o baile? Ten a Aviguey, a Marta, a Cristina, ten a María José que, ao son das gaitas e coa súa gracil figura, agasalláronnos cun dos momentos máis bonitos da foliada. Elas, que deixan o instituto, quixeron bailar para nós. Na súa lembraza levarán moitos momentos entrañables do insti, pero seguro que este será dos máis evocadores....


E a foliada remata, e rematou nunha symploké* apoteósica que nos fixo ver o mundo tal cal é: o Pirimpimpín¡¡ Matilde (piano), Rosa (gaita), Enma (voz en inglés), as cantareiras -Irune, Alicia, Antia- a percusión, o público... todos dende esta esquina do mundo facendo universal o galego,como universal é calquera outra lingua do mundo. Ardelle o eixo aí, carballeira¡¡


Dende o Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística:

Grazas a todos¡¡

Grazas ao público pola súa atención, sorrisas e aplausos.

Grazas ao Departamento de Galego, ao Departamento de Orientación, e ao Dep. de Actividades Extraescolares pola súa activa colaboración.
Grazas a Cristina por estudiar con Marco a poesía de Rosalia de Castro.
Grazas a Bossa pola súa colaboración imprescindible na dirección dos grupos de gaitas.
Grazas a Rosa e a Emilio por recibir con entusiasmo a idea de participar na Foliada.

Grazas @s alumn@s que sacrificaron tantos recreos para facer posible este momento.

É finalmente, moitas grazas a Susana. Para ela vai o noso recoñecemento especial, pois sen a súa implicación esta foliada non sería posible: foi na aula de música onde, desguazando e recompoñendo partituras, se cociñou e deseñou este día tan especial. Tamén tivo a delicadeza de adicar, nas audicións dos recreos, unha semana á música galega coincidindo coa celebración das nosas letras.

Se clicades no enlace da Biblioesmarqués que tedes abaixo podedes ver un video clip coas fotos.
BIBLIOESMARQUÉS
Symploké
Comentarios (0) - Categoría: PECADOS - Publicado o 21-05-2012 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0