Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática. |
|
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo! |
|

|
contactar |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IGNACIO VILAR ESTIVO CON NÓS PRESENTANDO A SÚA NOVA PELÍCULA |
|
 O director galego Ignacio Vilar estivo con nós presentando a súa nova película Vilamor. Con el estiveron Xoel e Sonia,actor e atriz que xogan un papel fundamental no argumento da película. Esta nova película de Ignacio, como á anterior Pradolongo, está rodada integramente en galego, con actores do pais e en escenarios naturais do interior de Lugo.
Os nosos alumnos de 4º da eso poideron coñecer de 1ª man o bo facer e a sensibilidade de Ignacio Vilar para tratar temas universais partindo da nosa realidade particular. Así mesmo tiveron ocasión de escoitar as experiencias cinematográficas de Xoel e Sonia: dous grandes da escena galega que sen renunciar ao seu idioma propio teñen proxección internacional.
Parabens para a xente do cine comprometida co noso idioma¡¡
A estrea mundial da película será este venres 30 nos cines Cinelandia de Ribadeo e proxectarase ao longo de toda a Semana Santa. Non a perdas¡¡
Se queres saber máis da película clica no enlace |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Onde estabades pecador@s? Botabamosvos de menos!
Non me perderei a peli de Ignacio Vilar nesta Semana Santa. A v#blgtk08#er se por casualidade aparecen nela algunhas das fermosas paisaxes de onde eu nacín, da Terra Cha. Seguide traballando! |
|
|
Comentario por Luz (30-03-2012 20:33) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|