Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática. |
|
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo! |
|

|
contactar |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O décimo disco de Zënzar fala da "necesidade dunha revolta" |
|
Zënzar, unha das bandas máis veteranas do rock en galego, presenta o seu novo traballo "Vaise Armar" o 5 de maio de 2012 na Sala Josfer, en Mesón do Vento. Unha auténtica festa musical da comarca con Sterko, Familia Caamagno e Mou, dos Dios ke te Crew, de pinchadiscos (DKTC).
Zënzar define "Vaise Armar" como "un traballo con letras que falan da corrupción, do estado do malestar e da necesidade dunha revolta social". No disco colaboran Pablo da Lama (frauta e gaita), X M Ares (gaita), Loli Nogueira (voz), Vituco Ruxe (voz) Mario Túzaro-Invivo (voz) e moitos máis.
Zënzar naceu en 1987 e ten na rúa nove traballos, o último un DVD ao vivo. A banda está formada por Xosé Bocixa, Mario Grela, Paco Cerdeira, X. A. Tabeaio e Manolo García. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|