Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
O TSXG acaba de encumbrar ao noso afamado maestro e aos seus mulilleros ás máis altas esferas da virtude. Sentencia o TSXG que Jesús Vazquéz, nunha impresionante faena expresada con moito empeño no decreto do Plurilingüísmo, lle pega uns marabillosos pases e dúas estocadas case de morte á Lei de Normalización Lingüística.
Ao sair do coso Jesús Vázquez declarou exultante: ?Pero é que o contido aválase ao 100 % polo TSXG? . Ole¡¡ ¡ Máis adiante cando o entrevistador lle pregunta se considera que perderon os que recorreron o decreto, nun impresionante derechazo de capote, responde: ?pero é o que declara a sentencia, non o digo eu?. Ole de novo¡¡Que desplante diante do toro¡¡
O entrevistador nun momento de atrevemento (a quen se lle ocorre) ousa dicirlle que ?xa se piden -por parte dos recurrentes- dimisións?, ao que responde Jesús Vázquez -ainda en traxe de luces-: ?eles mesmos contestarán en que tipo de institucións pode haber dimisións ou ceses?. Eso, eso...muy bien maestro¡¡ Que dimitan o presidente da Mesa pola Normalización, o máximo responsable da organización Queremos Galego e ese cara dura del sindicato nacionalista...e como non, que dimitan xa dunha vez @s alumn@s de falar el gallego. Que arte mi madriña¡¡A seguir toreando maestro, que es lo tuyo.
Pais e nais da comarca do Bierzo veñen denunciando desde o curso pasado presións para que os seus fillos e fillas non pidan a materia de lingua galega nos centros de Secundaria.
Segundo informacións publicadas nos medios de comunicación, a lingua galega vai ser retirada da oferta educativa do CEIP Jesús Maestro de Ponferrada. Este feito supoñería o incumprimento do Protocolo xeral de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Comunidade de Castela e León para a promoción da lingua galega nos territorios limítrofes das comunidades autónomas (Bierzo e Sanabria) asinado en 2006 e do Estatuto de Autonomía de Castilla y León que establece que ?gozará de respeto y protección la lengua gallega en los lugares en que habitualmente se utilice?.
A eliminación da oferta de ensino da nosa lingua supoñería privar a máis de mil alumnos e alumnas de contornos galegofalantes destas ensinanzas. Segundo os datos da Consellaría de Educación nas provincias de León e Zamora, o número de alumnas e alumnos que estudan galego ou en galego é de 884 nos centros de infantil e primaria e 147 nos centros de Secundaria.
Dende aquí esperamos que a administración educativa de Castela-León reconsidere esta incomprensible e inxusta medida. Mentres tanto queremos solidarizarnos cos nen@s afectados e apoiar aos pais nas súas reinvindicacións.
Nada máis nin nada menos que o VALEDOR DO POBO (GALEGO) pide a retirada dun libro de texto de Coñecemento do Medio que recoñece ao galego como lingua propia de Galicia.
Sabedes cal é a lingua propia de China? E a de Alemania? E a de Inglaterra?... Pois coidado con facerlle estas preguntas ao noso afamado Valedor, non vai a ser que coa súa lucidez xurídica poña en tela de xuizo cousas tan evidentes.
Todo un virtuoso. Un aplauso para o noso Valedor¡¡
A páxina web FLOCOS TV, de divulgación do audiovisial en galego acaba de pechar por falta de apoio da Xunta. Foi esta unha páxina moi visitada pol@s nos@s alumn@s, non só polo que supuña de pulo normalizador do noso idioma nun dos campos máis atractivos para os xoves -o audiovisial-, senón tamén por que amosaba unha excelente calidade nos seus traballos. Incluso esta páxina foi recoñecida internacionalmente como unha das mellores do xenero pola prestixiosa revista de cine Cahiers du Cinema
A que virtuoso se lle ocorreu deixar sen axuda a esta xente? Que se pretende con este tipo de decisións?
Dende aquí agardemos que os responsables da política cultural do noso pais reconsideren a falta de apoio a este tipo de iniciativas e que axiña poidamos visitar FLOCOS TV.
No enlace que vos proporcionamos podedes ver ás persoas que facían posible FLOCOS TV. Parabéns polo voso traballo¡¡
Este vídeo tal vez sexa unha das mellores leccións de sociolingüística dos últimos tempos. Pon en evidencia a situación de autoodio cara a lingua propia dunha boa parte da xuventude das vilas e cidades e desvela as mentiras de estudos e estatísticas administrativas, que pretenden dar unha visión máis idílica da situación da nosa lingua.
Aquí queda patente a realidade do que ocorre nunha boa parte de centros educativos, nos que se incumpre toda a lexislación sobre a normalización do galego dende hai anos.
As consecuencia de mirar para outro lado para non molestar, porque todos somos moi tolerantes, son persoas totalmente alleadas da súa cultura, que renegan da fala e da terra e que é o primeiro paso par desaparecer como colectividade diferenciada.
En psicoloxía sempre se busca a causa das fobias nos individuos. É necesario para poder deseñar un tratamento, que sempre será longo e difícil. O mesmo sucede coas fobias e cos traumas sociais por falta de autoestima.
O comportamento das sociedade galega que se manifesta desprezando o que lle é propio, ten a súa explicación en traumas vividos ao longo da historia. Un deles aínda recente.
Mirade con atención este vídeo que reflicte o que pasaba nas nosas escolas hai só 30 anos. Comprobade que non só se impoñen modelos lingüísticos, senón tamén de relación social para as mulleres, que deben ser submisas e realizar labores "propias do seu sexo".
Tende agora en conta que aqueles alumnos son os pais, mestres e profesores dos alumnos de hoxe.
Deste xeito poderedes entender o autoodio que temos polo noso; e o desleixo e falta de interese por defender o noso idioma, así como os comportamentos de submisión a todo o que ven de fóra e o acatamento rendido ao amos de sempre.
Podedes ver outra reflexión ao respecto neste blog
¿A alguén se lle ocorre o remedio para esta enfermidade social? -Que o diga antes de que o doente morra. Despois non haberá máis que escuridade.