Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
Con este lema e con este cartel, visibilizamos a participación dun grupo de alumnas e alumnos de 4º de ESO na campaña "Presumo de Galego", unha iniciativa da CGENDL, na que cada participante gravou un minuto falando sobre un tema da súa elección.
Nesta páxina pódense escoitar os audios das gravacións: http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/index.php
Na campaña "Presumo de galego", Carlota Insua de 2º de BAC tamén participou cun audio, que podemos escoitar na páxina: http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/index.php
O Departamento de música e mailo Equipo de Normalización Lingüística queremos agradecer a todas as persoas que colaboraron dunha ou doutra maneira na realización deste vídeo e, por suposto, parabéns para Antón e Imran pola súa magnífica interpretación.
O alumnado de 4º PDC foi este curso o reponsable da colocación dos carteis na exposición do autor Filgueira Valverde. Tamén elaboraron unha serie de preguntas para que as alumnas e os alumnos do centro procuren as respostas, trala lectura da información que recollen os carteis.
No concurso do Día das Letras Galegas, convocado pola asociación Airiños do Xunco, a alumna de 2º de BAC, Irene Rega Jul, levou o primeiro premio. Parabéns a Irene!
No Correlingua deste ano participou o alumnado de 1º de ESO mais un grupiño de alumnos e alumnas de 4º de ESO, 3º de ESO e de 1º de BAC,que interpretaron dúas pezas musicais, dirixidos pola profesora de música, María Ron. Grazas a todas e a todos, tamén aos dous alumnos que participaron na carreira.
Con motivo da celebración das Letras Galegas, dende o Equipo de Dinamización distribuíuse entre o alumnado do centro esta mensaxe, que nos achegou a CGENL a través da súa publicación Ollos de aula
Tralo pase do filme A esmorga, que tivo lugar no pasado mes de febreiro na biblioteca do centro, un grupo de alumnas comenta neste vídeo algúns aspectos do filme ao tempo que aluden á novela que tiveron como lectura obrigada este curso.
Na elaboración do vídeo participaron o cooordinador da biblioteca e mailo orientador do centro.