Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
Aproveitando o calendario publicado pola Universidade de Vigo, realizamos este cartel con viñetas de Luís Davila, onde deixa ao descuberto algúns dos prexuízos existentes sobre a nosa lingua.
No teatro Pastor Díaz de Viveiro, o alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato do noso centro, en compañía doutros centros da Mariña, asistiu á representación teatral de varios relatos de ?Cousas" de Castelao a cargo de "Os Quinquilláns".
O pasado luns, 5 de decembro, o alumnado de 1º ESO participou nun obradoiro de matemáticas. Un taller no que tiveron a oportunidade de facer actividades moi interesantes e no que se achegaron ás matemáticas dunha maneira lúdica e entretida.