Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
Xogos Populares xunto con música e bailes tradicionais, cerraron a celebración das Letras Galegas. Esta actividade organizada polo Departamento de Música e o centro Illa de Sarón de Xove,contou coa colaboración de Dinamización.
O alumndo de 1º ESO elaborou unha serie de carteis inspirados na lectura que se realizou na aula sobre a vida e a obra do autor Carlos Casares.
Nesta imaxe podemos ver parte destes carteis.