Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
Estamos de noraboa no Insti: Carolina García Abad (2ºESO) foi unha das gañadoras da Fase Provincial do Concurso Novos Talentos. Premio Relato Curto en Galego que convocou a Coca-Cola.
Carolina acudirá este venres 25 a Santiago a recoller o premio. Nese acto darase a coñecer o premio Autonómico, consistente nunha viaxe a Amsterdam. Dende aquí agardamos e desexamos que Carolina teña toda a sorte do mundo para gañar tamén o premio Autonómico, pois para nós por talento e esforzo xa o ten merecido.
De momento Parabéns para Carolina por gañar este premio que dignifica o uso do noso idioma e noraboa ao Departamento de Lengua Castellana por propoñela para esta convocatoria.
“Todo é posible en galego”, así abriron esta Foliada das Letras Laura e Elisa. Nas súas tarxetas de presentación podíase ler: Lingua aqui, lingua aí. E se continuamos... maquillate, maquillate nun espello de cristal e mirate e mirate...Mecano en galego, si¡¡
Elisa e Laura conduciron a foliada con moito aplomo e gracia e cunha maestría digna das mellores galas e festivais
Abriu o festival o Real Grupo de Gaitas do IES Marqués de Sargadelos nas figuras de Laura e Enrique ás gaitas, o papá de Laura -Bossa- ao tamboril e Marco ao bombo. Eles tocaron o Rumbaton cunha excelente execución.
A continuación chegou o momento da palabra. “Como un irmán che falo..." empezou a recitar Emilio, dun xeito sentido e acompañado maxistralmente por Matilde ao piano, un dos poemas máis sonados de Celso Emilio Ferreiro. Despois alumn@s de diferentes cursos recitaron, con moita desenvoltura, varios poemas que serviron para celebrar o centenario do nacemento deste poeta galego universal.
De novo o Real Grupo de Gaitas do IES Marqués de Sargadelos esta vez case ao completo ( Alicia, Marco, Lucila e Enrique ás gaitas, e Laura, Bossa, Raquel e Pinto á percusión interpretaron dúas pezas tradicionais da música galega moi coñecidas de todos: a Muiñeira de Lugo e Baila Vella
O entusiasmo con que o público acolleu a presentación do Real Grupo de Gaitas do noso insti, foi a evidencia de que o tradicional gusta e de que é unha peza imprescindible para construir a modernidade e o futuro, como así veñen demostrando Budiño, Cristina Pato, Carlos Nuñez...
Que furor: O GaleoKe¡¡ Baixo a dirección técnica de Bruno Pico -o noso técnico de son- asistimos a unha sesión espectacular do galeoke. En 1º lugar, os tenores Xenxo, Adrán e Alexandre coas súas voces anxelicais fixeron maravillas co fai un sol de carallo de Reixa: pasaban do horribel ao excelente (e viceversa) en moi poucas notas... facendo as delicias e o furor do pública asistente. Foi o momento máis divertido da foliada¡¡
En 2º lugar un coro improvisado saido do público cantou con moita alegría o éxito internacional de Michel Telo, ai se eu te pego. Foi un momento desbordante de ledicia pois prendeu en todos os espectadores as gañas de cantar esta peza en portugués, idioma irmán do galego ao que se lle augura un futuro ascendente pola proxección internacional do Brasil.
E chegou o momento máis emotivo da foliada: Marco e Matilde, Matilde e Marco interpretando o adios rios, adios fontes -con letra de Rosalia de Castro e música de Amancio Prada- cun sentimento que consiguiu que todos comezasemos a ver co corazón... e cando se ve co corazón o mundo faise maís ancho. Foi a metáfora de Galicia.
Ai o baile¡ Que ten o baile? Ten a Aviguey, a Marta, a Cristina, ten a María José que, ao son das gaitas e coa súa gracil figura, agasalláronnos cun dos momentos máis bonitos da foliada. Elas, que deixan o instituto, quixeron bailar para nós. Na súa lembraza levarán moitos momentos entrañables do insti, pero seguro que este será dos máis evocadores....
E a foliada remata, e rematou nunha symploké* apoteósica que nos fixo ver o mundo tal cal é: o Pirimpimpín¡¡ Matilde (piano), Rosa (gaita), Enma (voz en inglés), as cantareiras -Irune, Alicia, Antia- a percusión, o público... todos dende esta esquina do mundo facendo universal o galego,como universal é calquera outra lingua do mundo.Ardelle o eixo aí, carballeira¡¡
Dende o Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística:
Grazas a todos¡¡
Grazas ao público pola súa atención, sorrisas e aplausos.
Grazas ao Departamento de Galego, ao Departamento de Orientación, e ao Dep. de Actividades Extraescolares pola súa activa colaboración.
Grazas a Cristina por estudiar con Marco a poesía de Rosalia de Castro.
Grazas a Bossa pola súa colaboración imprescindible na dirección dos grupos de gaitas.
Grazas a Rosa e a Emilio por recibir con entusiasmo a idea de participar na Foliada.
Grazas @s alumn@s que sacrificaron tantos recreos para facer posible este momento.
É finalmente, moitas grazas a Susana. Para ela vai o noso recoñecemento especial, pois sen a súa implicación esta foliada non sería posible: foi na aula de música onde, desguazando e recompoñendo partituras, se cociñou e deseñou este día tan especial. Tamén tivo a delicadeza de adicar, nas audicións dos recreos, unha semana á música galega coincidindo coa celebración das nosas letras.
Se clicades no enlace da Biblioesmarqués que tedes abaixo podedes ver un video clip coas fotos.
Despois dun nefasto periodo no que despareceu practicamente toda a prensa editada no noso idioma (A Nosa Terra, Galicia Hoxe...), anunciase para o vindeiro día 17 -Día das Letras Galegas- a saída dun novo xornal -Sermos Galiza- que ven a suplir a carencia case absoluta de xornais en galego.
Esperamos que este novo proxecto teña unha longa andaina e reavive o interese pola prensa escrita no noso idioma.
Cada 14 días morre unha lingua no mundo. Sigue á xente que loita por salvalas.
Nesta reportaxe podedes ver como noutras partes do mundo moita xesta está loitando con toda a intelixencia que pode para salvar as súas linguas, a súa historia e as súa identidade.
O vindeiro venres 18 de maio iremos a Viveiro a vernos cos nos@s amig@s da comarca para compartir con eles unha nova xornada festiva do Correlingua. Nesta edición percorreranse as rúas baixo o lema Galego, todo o que buscas
Coma sempre subiran ao escenario artistas dos diferentes centros que participan no evento, e para rematar actuará o grupo Chupadeskay
Pais e nais da comarca do Bierzo veñen denunciando desde o curso pasado presións para que os seus fillos e fillas non pidan a materia de lingua galega nos centros de Secundaria.
Segundo informacións publicadas nos medios de comunicación, a lingua galega vai ser retirada da oferta educativa do CEIP Jesús Maestro de Ponferrada. Este feito supoñería o incumprimento do Protocolo xeral de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Comunidade de Castela e León para a promoción da lingua galega nos territorios limítrofes das comunidades autónomas (Bierzo e Sanabria) asinado en 2006 e do Estatuto de Autonomía de Castilla y León que establece que “gozará de respeto y protección la lengua gallega en los lugares en que habitualmente se utilice”.
A eliminación da oferta de ensino da nosa lingua supoñería privar a máis de mil alumnos e alumnas de contornos galegofalantes destas ensinanzas. Segundo os datos da Consellaría de Educación nas provincias de León e Zamora, o número de alumnas e alumnos que estudan galego ou en galego é de 884 nos centros de infantil e primaria e 147 nos centros de Secundaria.
Dende aquí esperamos que a administración educativa de Castela-León reconsidere esta incomprensible e inxusta medida. Mentres tanto queremos solidarizarnos cos nen@s afectados e apoiar aos pais nas súas reinvindicacións.
O venres 30 de marzo na Casa da Cultura de San Cibrao estivos cos nos@s amig@s do Insti de Xove escoitando ao excelso, ao maravilloso, ao incrible e afamado Quico Cadaval¡¡. Como rimos coas súas historias¡ Como nos deleitou cos seus consellos¡ Por exempo: non esquezas ir de vivo a unha discoteca, senón irás de morto... Que maestría para interpretar a "alma" d@s galeg@s¡
Con contacontos coma el estamos seguros que o noso idioma gaña en prestixio e recoñecemento.
Para finalizar queremos agradecer dende o noso blog o empeño e as xestións de Ramón Casas (profe do IES de Xove) por facer posible esta actuación.
O director galego Ignacio Vilar estivo con nós presentando a súa nova película Vilamor. Con el estiveron Xoel e Sonia,actor e atriz que xogan un papel fundamental no argumento da película. Esta nova película de Ignacio, como á anterior Pradolongo, está rodada integramente en galego, con actores do pais e en escenarios naturais do interior de Lugo.
Os nosos alumnos de 4º da eso poideron coñecer de 1ª man o bo facer e a sensibilidade de Ignacio Vilar para tratar temas universais partindo da nosa realidade particular. Así mesmo tiveron ocasión de escoitar as experiencias cinematográficas de Xoel e Sonia: dous grandes da escena galega que sen renunciar ao seu idioma propio teñen proxección internacional.
Parabens para a xente do cine comprometida co noso idioma¡¡
A estrea mundial da película será este venres 30 nos cines Cinelandia de Ribadeo e proxectarase ao longo de toda a Semana Santa. Non a perdas¡¡