| Orisel Gaspar |
|
Orisel Gaspar é unha das máis importantes actrices do Teatro e o Cine Independente Cubano. Licenciada en Artes Escénicas no Instituto Superior de Arte de la Habana, foi alumna de grandes figuras como Roberto Blanco, Vicente Revuelta, Flora Lauten, entre outros. Durante seu prolífera carreira artística interpretou con verdadeiro virtuosismo e orixinalidade personaxes protágónicos en obras clásicas de diferentes épocas e estilos, actuou en series e tele plays na Televisión Cubana e na Televisión Galega, en Documentais, Curtos da Escola Internacional de Cine Cubana e da EGACI, e Curtos en colaboración coa Televisión de Camagüey en Cuba. É ademais a protagonista da primeira Triloxía de Cine Independente Cubano dirixida por Joel Cano cuxo primeiro filme Sete días sete noites recibise no Festival Intenacional de Cine Tres Continentes de Francia o Globo de Ouro á mellor película. En seu tamén exitosa incursión na dirección artística estreou espectáculos na importante compañía Teatro Escambray e nos Grupos Teatro do Hotel, Teatro do Centro e Teatro Vivo de Cuba. Ademais ha formando actores e impartindo Talleres de Interpretación en Cuba, Canadá e España. No ano 1999, froito de todo o seu traballo anterior fundou o seu propio grupo “Teatro Vivo de Cuba” xunto ao tamén actor e músico Julien Carballo, e entre outras cousas ofreceu concertos e recitais de poesía. Nos seus espectáculos hai unha especial combinación de elementos; a danza, a poesía, o humor, a música e o teatro indistintamente mestúranse neles para ofrecer un debuxo escénico particularmente interesante e atractivo. Para Orisel “…a expresión e comprometimiento de todo o ser no acto de interpretar é indispensable cando estamos sobre o escenario; o público haberá de vibrar sobre a súa butaca e isto só ocorre se o actor está completamente vivo sobre as táboas ou diante dunha cunca…”.
|
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Orisel Gaspar, chegada de Francia e afincada en Galicia, colorea rúas e montes da terra dos seus antepasados coa súa morena presenza. |
|
Ininterrompido proceso o de Orisel Gaspar Rojas, proceso de investigación sobre o público e os recovecos do pensamento e as inquietudes do ser humano, as peculiaridades da cultura galega expostas nas individualidades de cada ser que habita estas terras.
Mougás, Vigo, A Estrada, Oleiros, A Coruña, Ponteareas, Roseira, Pontevedra, Santiago de Compostela, Oia, Areas de Tui, son sitios por onde a mirada de Rojas se detivo en profundidade para entrevistar, indagar e finalmente resumir o resultado dos seus estudos en escenas, diálogos, monólogos, poemas.
A viaxe de Rojas non se limita a percorrer o interior dos seres humanos que habitan estas zonas, a artista viaxa ademais polo interior de se mesma nestas novas circunstancias ás que seu ser ha arribado. Resultado de todo iso, os seus personaxes e espectáculos cheos de preguntas, respostas, suxestións, reflexións, sátiras, ironías, rebeldías, protestas, soños, aspiracións, frustracións, en fin toda unha gama diversamente rica en conflitos humanos.
A artista de Cuba Orisel Gaspar escribe as súas impresións durante os seus percorridos por Galicia. Máis tarde Gaspar, converterá estas impresións en cancións, poemas, ou textos teatrais.
"Estas paraxes inspiran, nestas paraxes síntome ampla, aquí respiro tranquila e énchome de vida, correr por estes sitios, recostarme nestas pedras, faime penetrar en Galicia, faime penetrar na terra que é en fin a mesma para todos os seres que habitamos o mundo, poño os pés nela para alimentarme e logo voo. Voar e soñar, para baixar de nova a construír os soños". (Orisel Gaspar)
(Na foto Orisel Gaspar en Camposancos (A Guarda) durante un descanso da rodaxe de "Adeus" o segundo filme da primeira Triloxía de Cine Independente Cubano de Joel Cano) |
|
|
|
|
|
|