Concello de San Sadurniño: Novas Orientación Laboral
Este é un espazo que che ofrece o Concello de San Sadurniño para que obteñas información sobre novidades relacionadas co mundo laboral, xa sexa porque estás en situación de desemprego ou estás traballando pero queres mellorar a túa empregabilidade. Xa sabes: O saber non ocupa lugar....



free hit counter

hit counter


OFICINA DE ORIENTACIÓN LABORAL-CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

Avda Marqués de Figueroa s/n
Tfno: 981 49 00 27
orientacion.laboral@sansadurnino.dicoruna.es

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CURSOS NO SECTOR DO TURISMO
TURGALICIA ten planificados unha serie de cursos a través do Plan de Formación para a Excelencia Turística de Galicia. Vai dirixido a empresas ou persoal en activo do sector do turismo.

Podes consultar a programación:
CURSOS TURGALICIA
Categoría: FORMACIÓN - Publicado o 22-05-2012 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OFERTAS DE EMPREGO SEMANAIS RECOLLIDAS POLA CEG
Como cada semana, a CEG fixo unha escolma das ofertas de emprego publicadas na prensa da fin de semana de toda Galicia.

Na seguinte ligazón pódense consultar:
OFERTAS SEMANAIS
Categoría: BUSCA ACTIVA DE EMPREGO - Publicado o 22-05-2012 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OFERTA DE EMPREGO PARA PERRUQUERÍA
Necesítase perruqueira/o para traballar nesta zona. Ademais de formación e/ou experiencia en perruquería, ten que ter coñecementos de estética.

O contrato inicialmente será de xornada parcial (20 horas semanais) pero con posibilidades de ampliación a xornada completa segundo as capacidades da persoa.

Os días de traballo son de Martes a Sábado.

Para máis información chamar ao 981 49 00 27 (ext 4) ou pasarse pola oficina de orientación laboral do Concello
Categoría: BUSCA ACTIVA DE EMPREGO - Publicado o 21-05-2012 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MATRÍCULA NAS PROBAS DE CLASIFICACIÓN NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS
A EOI abre o prazo para inscribirse ás probas de clasificación de cara a identificar o nivel de dominio do idioma que cada persoa posúe e co fin de poder matricularse nese nivel no curso académico seguinte.

O prazo de inscrición está aberto ate o 30 de Maio e as probas terán lugar entre o 11 e o 15 de xuño en función da lingua solicitada.

Na seguinte ligazón da páxina web da EOI atópase toda a información.
PROBAS CLASIFICIÓN EOI
Categoría: FORMACIÓN - Publicado o 18-05-2012 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONTRATACIÓN DE AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL PARA AS PONTES
O Concello de As Pontes publica hoxe día 16 no Diario de Ferrol, a convocatoria para cubrir 4 prazas de Auxiliar de Policía Local.

O prazo de presentación de instancias é de cinco días naturais dende o día seguinte á súa publicación, é dicir, do 17 ao 21 de Maio, en horario de 9 a 14,00 horas, excepto o sábado que será de 9,00 a 13,00 horas.

O 28 de Maio ás 10,00 horas realizarase a primeira proba no Polideportivo Municipal

Pódense consultar as bases completas na seguinte ligazón:
BASES AUXILIARES POLICÍA LOCAL AS PONTES
Categoría: EMPREGO PÚBLICO - Publicado o 16-05-2012 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
APERTURA DE BOLSA DE CONTRATACIÓN DE SOCORRISTAS PARA CERDIDO
O Concello de Cerdido publicou no Diario de Ferrol hoxe día 16 de Maio, a apertura dunha bolsa de contratación de socorristas.

As instancias presentaranse nas oficinas do Concello de Cerdido segundo o estipulado nas bases, as cais estarán a disposición de calquera persoa interesada no propio Concello.

O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles dende o día seguinte á súa publicación, é dicir, do 18 ao 29 de Maio.
Categoría: EMPREGO PÚBLICO - Publicado o 16-05-2012 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PROCESO SELECTIVO DE OFICIAL DE XESTIÓN E SERVIZOS COMÚNS
O Ministerio de Fomento a través da Demarcación de Estradas do Estado de Galicia, convoca unha praza mediante o sistema de concurso-oposición de Oficial de Xestión e Servizos Comúns para a súa oficina da Coruña.

A duración do contrato será de doce meses co fin de substituir ao titular da praza pola súa xubilación anticipada.

Os requisitos de acceso son os seguintes:

-Titulación de ESO, EXB ou FPI
-Estar en situación de desemprego e figurar inscrito/a como tal

Haberá unha proba escrita e posteriormente unha valoración de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de Maio.

Para consultar as bases íntegras pódese entrar na seguinte ligazón da páxina www.060.es e será suficiente introducir como criterio de busca no formulario, a provincia da Coruña:
OFICIAL DE XESTIÓN E SERVIZOS COMÚNS
Categoría: EMPREGO PÚBLICO - Publicado o 15-05-2012 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA SACAR O CARNÉ B DIRIXIDO A MOZOS E MOZAS
NO DOG do 14 de Maio publicouse a convocatoria de axudas dirixidas a axudar a sufragar os custes derivados de sacar o carné de conducir para mozos e mozas, co fin de mellorar a súa empregabilidade, así como fomentar unha condución segura.

Poderán solicitar estas axudas aquelas persoas que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos de idade e que estén en situación de desemprego con unha antigüidade mínima de 6 meses. Así mesmo, teñen que ser titulares do carné xove no momento de presentar a solicitude e residir en Galicia. Deberán tamén acreditar uns ingresos netos da unidade familiar que non sexa superior ao 2,5 veces o IPREM.

O Carné Xove pode sacarse en calquera Oficina Municipal de Información Xuvenil (na comarca en concellos como Narón, Ferrol ou Fene) ou no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol (Praza de España). Así mesmo, pódese acceder a toda a información sobre a expedición deste carné na páxina web www.xuventude.net.

O prazo de solicitude comezará a partir da publicación das axudas e rematará o 1 de Setembro de 2012, aínda que dependerá de que non se esgote o creto dispoñible, para o cal se recomenda solicitalo o antes posible.

A cuantía da axuda será de 200 € por cada persoa beneficiaria

Para consultar as bases completas pode accederse á seguinte ligazón:
BASES AXUDAS CARNÉ CONDUCIR
Categoría: FORMACIÓN - Publicado o 15-05-2012 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OFERTAS DE EMPREGO SEMANAIS
Na ligazón poden consultarse as ofertas de emprego semanais recollidas pola CEG na prensa da fin de semana:
OFERTAS DE EMPREGO SEMANAL
Categoría: BUSCA ACTIVA DE EMPREGO - Publicado o 14-05-2012 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONVOCATORIA DE AXUDAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS PARA ESTADÍAS DE VERANO EN PAÍSES MEMBROS DA UE
O DOG do 14 de Maio publica a convocatoria destas axudas co fin de que o estudantado universitario coñeza a lingua do país de destino.

Convócanse 113 axudas e está dirixido a estudantes universitarios/as matriculados en calquera das universidades galegas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de Xuño.

Para consultar a convocatoria completa xunto cos requisitos, pode accederse á seguinte ligazón:
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ESTADÍAS EN PAÍSES DA UE
Categoría: FORMACIÓN - Publicado o 14-05-2012 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal