Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VIDEOFORUM
"TAMBIEN LA LLUVIA"
-Dirixida por : ICÍAR BOLLAÍN.
-Protagonizada por : LUIS TOSAR, GAEL GARCÍA BERNAL entre otros.
- Ano : 2010.
_ Xénero: drama.
_ Duración : 104 minutos.
_ Premios: 3 premios GOYA(2010),FESTIVAL DE BERLÍN (2011).
- ARGUMENTO -

É unha historia inspirada na GUERRA DA AUGA, que tivo lugar en COCHABAMBA en abril do ano 2000; conta a historia de Sebastian e Costa, un director e un productor,que queren facer unha pelicula sobre CRISTOBAL COLÓN que dee a volta ó mito.Mentres rodan en COCHABAMBA estala o conflicto pola privatización e venta a unha multinacional do sistema de augas da cidade,a tristemente famosa en real GUERRA DA AUGA DO ANO 2000.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 28-06-2012 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
A SOLIDARIEDADE
Contamos coa visita de INTERVIDA,unha O.N.G.formada por profesionais,como médicos,docentes,traballadores sociais que levan a cabo un labor multisectorial.
Na sua visita proxectanos un video"Miradas al sur",sobre o traballo que eles están a realizar na India: a xente emigra do campo as ciddes para buscar melloras de vida, pero atopanse que os soldos son moi baixos e non lle alcanzan para vivir.Entón as familias teñen que acudir aos barrios marxinales ou slams, onde as condicións de vida son precarias.INTERVIDA axuda a estas familias creando garderias para poder acoller a os nenos destes traballadores e poder darlle unha educación preescolar e mellorara a sua calidade educativa,e asi non andan perdidos polas ruas.....
Unha labor de solidariedade e de amor.............
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 28-06-2012 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE XUÑO DO 2012
E xa chegamos ao remate do curso, e para non ser menos que outros anos pensamos en facer unha festiña de despedida.
Como boas traballadoras primeiro xuntamonos para facer o noso programa mensual de radio e o remate fomos cear todas xuntiñas.
Comemos,bebemos, pero tamén sacamos evalucaión de todo o que traballamos durante o curso 2011-2012.
E que viva a "ORELLA VERDE"
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 28-06-2012 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
PRGRAMACION MES DE MAIO 2012
O mes de maio adicamolo o tema de solidariedade .
Contamos na nosa escola coa visita dunha integrante de INTERVIDA que nos falou dos conflictos que existen na India.
Tamén vimos unha pelicula relacionada co tema:"También la lluvia".
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 28-06-2012 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA A ASOCIACIÓN
Neste mes un grupo de nais acompañadas por Ana Cardoso, Educadora social do concello e Pilar gallego, Concelleira de Servicios Sociais,asistimos en Ourense, a unha charla para coñecer a ASOCIACIÓN QUÉROTE + .
Esta asociación ten como obxetivo prestar un servizo de información e asesoramento a xuventude galega, naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que facilite o crecemento persoal.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 28-06-2012 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal