Neste Blog exporemos o contido dos encontros semanais que faremos na Escola de Familias "Orella Verde" de Allariz e tamén publicaremos algún video e fotos que nos parezcan interesantes.
Todo relacionado coa educación e a familia.
 CATEGORÍAS
 FOTOGRAFIAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O FEITO SEXUAL HUMANO- DIAS 9 E 16 DE ABRIL 2013
Diferenciemos catro conceptos básicos a hora de entender este tema:
-SEXO/SEXUACIÓN: bioloxía;femia/macho.Describe o proceso e creación das estructuras.
-SEXUALIDADE:como vivimos esa realidade de ser seres sexuados en masculino ou femenino.
-ERÓTICA:relacionada cos desexos,co que nos gustaría,coas fantasías....
-AMATORIA:a posta en práctica da erótica.
Resumindo: Facerse,vivirse,sentirse e expresarse.
Dende que nacen e segundo vai avanzando a sua vida,os nenos deben coñecer o seu corpo e exploralo.
E nós ,como pais,debemos explicarlle as cousas con naturalidade,na medida cas entendan de acorde coa sua edade,e chamando a cada cousa polo seu nome,sen tapuxos. Facerlle ver a sexualidade como algo normal que forma parte das suas vidas.
Así como o Amor,que tamen temos que aprendelo e cultivalo, pero buscando un amor sano e rechazando un amor insano.
Amor Sano:baseado no respecto mutuo,na liberdade,na independencia,na empatía,na autonomía........
Amor Insano:baseado nos celos, no control,no aillamento,no acoso, na humillación......
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 23-04-2013 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
OSAMA
Baixo o opresivo réximen talibán,a nai dunha moza de 12 anos,médico de profesión, perde o seu emprego no hospital e as dúas mulleres,así como a aboa,convírtense en auténticas prisioneiras na súa propia casa,xa que non poden abandoala sen un acompañante legale teñen prohibido traballar fora para gañarse a vida. A nai e a aboa elaboran un plan:cortaranlle o pelo á moza e mudrán a súa indumentaria para que parez un mozo e así poder sobrevivir.
Comentarios (0) - Categoría: Obradoiros - Publicado o 16-04-2013 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
EDUCANDO EN IGUALDADE- 19 E 26 DE FEBREIRO 2013
Para tratar este tema temos que comezar definindo o concepto de Igualdade, entendida como a situación na que todos os seres humanos son libres de desenvolver as súas capacidades persoais e de toma de decisións, sen limitacións impostas, valorando e potenciando por igual as distintas conductas,aspiracións e necesidades de homes e mulleres.
Non somos desiguais polo sexo senón polo xénero.
E formamonos en homes e mulleres a través da socialización diferencial de xénero; que nos nenos fomenta unha serie de actitudes e comportamentos de carácter instrumental (forza,competitividade) e nas nenas de carácter expresivo(sumisa,emocional,dependente).
Esta socialización realizase a través de axentes comoa a familia,a escola,medios de comunicación e grupo de iguais)
Reflexión:Educar a nenos e nenas libres de prexuízos de xénero para fomentar personalidades sanas e igualitarias.



EDUCAR
Comentarios (0) - Categoría: Encontros Semanais - Publicado o 16-04-2013 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE MAIO 2013
Os dous días do mes martes 7 e martes 14 falaremos do" Ocio e tempo libre en familia".
E acompañaremolo cunha saída campestre con toda a familia........
A que parece interesante. Animadevos que vos convidamos a participar
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 09-04-2013 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE ABRIL 2013
Tema do mes: Feito Sexual Humano
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 09-04-2013 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
PRGRAMACION MES DE MARZO 2013
Este mes, como vimos facendo todoslos anos, adicamolo ás"Xornadas para a Igualdade entre Homes e Mulleres"..
Dende o departamento de Servizos Sociais do Concello ofrecemosvos unha serie de actividades:obradoiros, charlas,películas,etc... nasque todos e todas podedes participar e colaborar nesta dificil tarefa da igualdade.
Programa de radio con resumo dos meses anteriores, debate,música e noticias.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 09-04-2013 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE FEBREIRO 2013
Tema a tratar: Educando en Igualdade.
Proxección da película: OSAMA
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 09-04-2013 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE XANEIRO 2013
Queridas amigas(os) comezamos o ano 2013 con forza,cun tema de sumo interese para os nosos fillos(as): Autoestima e aprendizaxe.
Como mellorar a autoestima aos nosos fillos e fillas.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 09-04-2013 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE DECEMBRO 2012
Programa de radio: no que fixemos un resumo de todo o dado ata agora, e a parte abrimos un debate , puxemos música e demos algunha noticia de interese relacionada cos temas tratados.
Tamén tivemos unha entrevista coa directora da Escola Infantil:Elena
E as mamas dos nenos máis pequenos tiveron a ocasión de acudir cos seus fillos a un taller impartido pola Escola Infantil "A Galiña Azul".
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 09-04-2013 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
PROGRAMACION MES DE NOVEMBRO 2012
Este mes o tema de traballo desenrolase en torno a Familia e a Comunicación.
Habilidades de comunicación e resolución de problemas na familia.
Comentarios (0) - Categoría: Programación dos encontros - Publicado o 09-04-2013 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal